jueves, 13 de octubre de 2016

Bob Dylan, Nobel de literatura 2016



Levamos toda a vida escoitando que Bob Dylan está entre os favoritos de cada ano para recibir o Premio Nobel de Literatura. Cando era máis rapaz facíame moita ilusión que llo diran a un cantante que coñecía, en lugar de nomes impronunciables que nunca escoitara antes. 
Cos anos, debo recoñecer que, rara vez coñezo a obra dos galardoados, e máis dunha ocasión nin sequera escoitara antes o seu nome, pero sempre tento facerme con algunha obra dos galardoados que me recomendan amigos que sí están ao día na literatura.
Cada ano saen expertos, e público en xeral, acusando á Academia Sueca de tongo, habitualmente por favorecer intereses políticos coxunturais, e nos últimos anos semella que se trata de buscar a alguén ao que darlle o Nobel que non sexa Murakami, que estas cousas non van por aclamación popular.
Hoxe concedéronlle o Nobel de Literatura a Bob Dylan. Parece que a estas alturas non contaba entre os favoritos, e seguro que moitos ortodoxos porán pegas aos seus méritos, e pode que con moita razón. Para min a súa revolución foi o do festival de Norfolk no 65, alporizando ao público folkie, e os discos que lle seguiron. Do mesmo xeito, tampouco creo que este galardón sexa tan revolucionario coma se tivera pasado hai 20 anos. Ou ao mellor si. Veremos as reaccións. En calqueira caso, Murakami terá que seguir esperando...
Non sei se a estas alturas significa que os tempos estén a cambiar, pero hoxe a cultura popular está de noraboa. Parabéns Mr. Dylan!!


No hay comentarios: