jueves, 30 de marzo de 2017

Thurston Moore 'Smoke of Dreams'

Adianto do novo álbum de Thurston Moore. Parece que desta vez toca un álbum con cancións, e non só de experimentación. O tema titúlase 'Smoke of Dreams' e é o video clip de adianto de "Rock'n'Roll Consciousness" con saída prevista para o 28 de abril. 
Un tanto convencional, pero a mín xa me deixa con gañas de máis.


Wire "Silver/Lead"

Os Wire cumpren 40 anos de carreira, e nada mellor que facelo con novo álbum.
Queda lonxe a época na que eran a banda máis infuente do underground, aquela banda que sempre ía un paso por diante de todos, con aquela triloxía inicial na que adiantaron todo o que pasaría despois: "Pink Flag" do 77, "Chairs Missing" do 78 e "154" do 79. Nesta terceira etapa da banda, dende a súa reunión co cambio de século estan a facer o camiño inverso, comezaron máis duros ca nunca, explorando o rock industrial máis experimental, e co paso dos discos van simplificando todo volvendo aos inicios, aínda que a premisa é facer pop, non ser a vangarda do art-punk. Agora xa non teñen que sorprender a ninguén, só facer o que lles peta.
"Silver/Lead" é o seu 15º álbum de estudio, de total actualidade televisiva, prata ou plomo. Presenta dúas partes marcadas do disco, coma en anteriores entregas, comeza coa etérea 'Playing Hard for the fishes' case a modo de intro, e segue co enérxico 'Short Elevated Period' e o pop luminoso de 'Diamonds in Cups', ou o traqueteo de 'This Time'. "Silver/Lead" discurre enfrontando esas dúas facetas da banda unha e outra vez, con enormes pistas de guitarras en moitas capas, percusión minimalista e a voz de Colin Newman que parece buscar a melodía pop perfecta. 
Sempre solventes cumprindo á perfección co que se propoñan.
Dende este venres 31 na rúa.

WIRE "Silver/Lead"
(Pink Flag, 2017)


Black Joe Lewis & The Honeybears "Backlash"

Novo traballo de Black Joe Lewis, que volve con The Honeybears, logo do parón que supuxo o potente "Electric Slave" do 2013. Moitos anos sen material novo, pero aquí está de volta coa mesma fórmula de sempre blues, soul, funk e garage, con cambios de ritmo imposibles, e ese equilibrio perfecto co que manexa a velocidade, a intensidade e as pausas ao seu antollo, e esa forma de berrar...
Arranca co pelotazo de 'Flash Eyed', todo un hit marca da casa, pasease por territorios máis soul e funk en 'Global', 'Nature's Natural', 'Wasted', ou as orquestacións da enorme 'Lips of Loser', o blues de 'PTP', ou o garage rock mais decidido de 'Freakin' Out' ou as máis contundentes 'Shadow People' ou 'Prison'.
Coma tódo-los seus traballos, soan irregulares na primeira escoita, pero co paso do tempo quedamos enganchados, sempre pasa. Recomendado.

BLACK JOE LEWIS & THE HONEYBEARS "Backlash"
(Black Joe Lewis LLC, 2017)



miércoles, 29 de marzo de 2017

15 abr: DEAD WOOD en directo

Este mes os DEAD WOOD comezaron co Spirit Away Tour, a xira de presentación do seu single "Spirit Away b/w CBA Blues" publicado por Ulomanía Coop. 
Por suposto xa temos data para o seu show no Rif-Rock. 
Será o sábado 15 de abril, en plenas vacacións de semana santa. 
Non vo-lo perdades!!


martes, 28 de marzo de 2017

Discos de Ulomanía en Rock Therapy Radio

Máis novas de Ulomanía.
Na entrega desta semana do programa THE LOST REFUGE da emisora online Rock Therapy Radio de León, presentaron as dúas referencias de Ulomanía Coop.
Soaron tres temas do "Pura Maldad" dos Breakin' Bones ('Puerto Hurraco', 'La Piel del Diablo' e 'Brian the Brain', e os dous temas do single de Dead Wood 'Spirit Away' e 'CBA Blues'.
Soan apatires do minuto 33, pero mellor que lle metades unha escoita ao programa completo.
E tamén seguilos no seu facebook.


V.31: sesión sorpresa #OSLF?


Este venres sesión sorpresa #OSLF?

O noso ciclo Où Sont Les Femmes? chega ao seu fin.
Logo de todo o mes coas sesións das nosas amigas dende a cabina, este venres 31 teremos un bonus con sesión sorpresa. Non vo-lo perdades.


lunes, 27 de marzo de 2017

Ulomanía Coop na prensa

No último número do xornal A Nova Peneira inclúen unha ampla entrevista cos cabezas pensantes de Ulomanía Coop. 
Aquí tedes unha captura, para ve-la imaxe ampiada picade aquí.
Tamén dispoñible na versión online aquí (saé na páxina 54).


domingo, 26 de marzo de 2017

viernes, 24 de marzo de 2017

The Jesus and Mary Chain "Damage and Joy"

Case 20 anos despois volven os irmáns Reid con The Jesus and Mary Chain.
Pasaron moitos anos dende aquel debut "Psychocandy" de 1985 que cambiou o rumbo de todo o que estaba a pasar, pero a abrasión pura pasou rápidamente ao ruído contido e comercial con melodías abertamente pop. ATa o "Munki", último álbum de estudio que publicaron en 1998.
Agora publican "Damage and Joy", 13 novos temas que seguen a mesma liña donde o deixaron, ademáis de 'All Things Pass' unha nova versión do 'All Things must pass' que incluíron no recopilatorio do 2010 "Upside Down" e logo lanzaron como single no 2012. A maioría dos temas son realmente descartes dos seus últimos discos, por suposto gravados de novo, aídna que algunhas seguen soando igual, coma 'Song for a Secret' coa colaboración de Isobell Campbell.
Abre 'Amputation' coma un auténtico cañonazo marca da casa, ou o ritmo saturado de 'Get on Home', ou 'Facing up to the facts' que te devolve directamente a comezos dos anos 90.
Nada novo por suposto, pero sempre é un gustazo volver a escoitalos.

THE JESUS AND MARY CHAIN "Damage and Joy"
(Artificial Plastic / Warner, 2017)



jueves, 23 de marzo de 2017

Ghesgha

Ao fin temos audios dunha das bandas máis prometedoras da comarca.
Ghesgha presentan a súa primeira maqueta (anteriormente chamados Killing Floor) gravada o ano pasado e que remataron a comezos deste 2017.
Un cuarteto de rock psychodélico instrumental ao máis puro estilo da Hendrix Experience, Cream ou os primeiros Pink Floyd. Polo momento só temos un adianto desa maqueta, os oito minutazos de 'Eterno Retorno'. Metédelle volume.
Este venres 31, presentan o seu traballo no Encontro de Barrantes. Recomendado.



Sesión de PauPauAGo-Gó! OSLF?

Aquí tedes case tres cuartos de hora da sesión de Pau Pau a Go-Gó! do ciclo Où Sont Les Femmes? do sábado pasado para continuar a festa logo do concerto dos Breakin' Bones. Moito rockabilly e rhythm'n'blues. Metédelle volume!.

Pau Pau a Go-Gó! "OSLF?"
(sesión Rif-Rock 18 marzo 2017)


miércoles, 22 de marzo de 2017

cambio de data: Sáb.25 RECKLESS DAUGHTER

[AVISO] 
Cambios na programación deste fin de semana.
No ciclo Où Sont Les Femmes? este fin de semana tiñamos programadas dúas sesións: o vernes con Reckless Daughter e o sábado con Nani Gonzáles.
Por un imprevisto temos que aprazar a sesión de Nani Gonzáles deste sábado, unha mágoa, pero xa vos avisaremos da nova data.
Así que aproveitamos para mudar a sesión de RECKLESS DAUGHTER de día. que será o sábado 25.

DON JUAN'S RECKLESS DAUGHTER é outra historia de Noa Castro que se reinventa coas súas músicas do mundo, jazz, bossa, soul, funk... 
Sábado 25 de marzo. Non vo-lo perdades!!


Breakin' Bones!! concerto completo (18 mar.2017)

Impresionante o show dos BREAKIN' BONES do sábado!! Xa tiñamos gañas de telos de volta polo Rif-Rock despois de aprazalo en decembro, pero pagou a pena esperar porque ademáis os tivemos presentando o seu novo traballo "Pura Maldad", editado polo selo da casa Ulomanía Coop

Un show espectacular, más rápidos e potentes ca nunca. Hora e pouco de intenso e divertido psychobilly, con ducias de covers retorcidos, dende clasicazos dos 50s, himnos mod, e inverosímiles temas dos 80, ademáis por suposto dos seus propios temas incluídos en "Pura Maldad" e no cd "Maldita Sea!". Un pracer volver a telos en Cambados, e unha vez máis agradecerlles a Koko, Santi e Dani por prestarse a todo esto! E gracias tamén a Paula PauPauAGo-Gó, polas horas de sesión que nos deixou despois do concerto, fantástica coma sempre, e aos socios de Ulomanía por montalo todo.
Unha noite estupenda. Gracias a todos por vir!

Xa tedes case todo o concerto subido, faltan tres ou catro temas, pero como se di nestes casos: estivérades ali. Atoparedes todo na nosa canle de youtube, e neste blog repartido nas entradas anteriores (pt1 - pt2 - pt3 - pt4) ou todo seguido en lista de reproducción:



SetList dos Breakin' Bones

martes, 21 de marzo de 2017

Breakin' Bones concerto pt1


Breakin' Bones concerto pt2


Breakin' Bones concerto pt3


Breakin' Bones concerto pt4


OSLF?: Reckless Daughter & Nani Gonzáles

O próximo fin de semana volvemos co ciclo Où Sont Les Femmes? e con sesión dobre: o venres 24 presentarase DON JUAN'S RECKLESS DAUGHTER, outra historia de Noa Castro que se reinventa coas súas músicas do mundo, jazz, bossa, soul, funk... sempre diferente a todo o demaís. E o sábado 25, con NANI GONZÁLES e as súas sesións enormes con todo o que se lle poña por diante.
Non vo-lo perdades!!


domingo, 19 de marzo de 2017

Breakin' Bones!!

Enorme o de onte, con este equipazo estaba claro. Gracias cracks!
Tremendo show dos Breakin' Bones, máis rápidos e máis potentes ca nunca, ata que as gargantas comezaron a fallar. Impresionantes coma sempre!
E as horas fantásticas da sesión de PauPau aGoGó! 
Gracias a todos por vir! e aos de Ulomanía Coop., por montalo.


viernes, 17 de marzo de 2017

BREAKIN' BONES en directo + PauPauAGo-Gó!

Preparádevos para este fin de semana...
Mañan sábado teremos aos BREAKIN' BONES en directo presentando o seu novo traballo con Ulomanía Coop "Pura Maldad" (ULO-002, en vinilo de 7''). 
A mellor banda de psychobilly do país e o selo da casa xuntos, a festa de presentación vai a ser das boas, espectáculo garantizado.
E despois do concerto, sesión de Pau Pau a Go-Gó! dende a cabina para continuar coa serie Où Sont Les Femmes? que programamos durante todo o mes de marzo.
Sábado 18 de marzo, dende as 23:45h. Unha noite tremenda.
Non vo-lo perdades!


Dex Romweber Duo 'Jungle Drums'


jueves, 16 de marzo de 2017

The Magnetic Fields "50 Song Memoir"

Comezamos as recomendacións da semana cunha desas locuras que poucos se atreven a facer. Novo traballo dos Magnetic Fields, e outra obra enorme para a historia do pop  que nos devolve ao formato do "69 Love Songs". 
Stephin Merritt cumpría 50 anos en febreiro do 2015, e para celebralo decideuse a facer un álbum conceptual con un tema por cada un dos seus anos. Comezou a compoñelos aquel mesmo día, e aquí esta. Cada peza comeza co ano ao que corresponde ademáis de un título engadido. E así vai relatando lembranzas da súa vida, dende experiencias no zoo, e as súas mascotas, de como se namorou de Judy Garland, ou de como aprendeu a toca-lo sintetizador. Todo repartido en cinco disco discos, sexa en LP ou CD, un para cada década. 
Os temas estan interpretados por Merritt case na súa totalidade, con pequenas intervencións dos resto de compoñentes da banda (coros, piano, algunha guitarra e percusións), e coa produción de Thomas Bartlett e do seu colaborador habitual Charles Newman. Son 50 temas entre dous e tres minutos nos que atoparedes de todo, pop de cámara, pop brillante, cancións a medio facer, lo-fi, pezas acústicas, de piano, tonadas de cabaret, rock, post-punk, psychodelia e algo semellante ao disco. 
Outra enorme locura de Merritt.
A única pega, é que polo de agora non o atoparemos por menos de 100 euros.

THE MAGNETIC FIELDS "50 Song Memoir"
(Nonesuch, 2017)



miércoles, 15 de marzo de 2017

The Velvet Underground & Nico

O domingo cumpríanse 50 anos do lanzamento do álbum de debut da Velvet Underground. Considerado por moitos coma o mellor álbum da historia, ou o maís influinte, ou que que cambiou o rumbo do rock para sempre, e sen dúbida a portada máis famosa de tódo-los tempos.
A formación orixinal da VU eran Lou Reed, John Cale, Sterling Morrison e Maureen Tucker, e para o seu debut, o manager Andy Warhol engadíu a modelo xermana Nico como vocalista. 
Foi un álbum transgresor, que falaba de drogas, prostitución e sadomasoquismo, lanzado por un selo de jazz, pero por moita provocación das súas letras, e por moito que estivera Warhol detras, o álbum foi un fracaso de ventas nun inicio, o público non escoitara antes algo así, a música era demasiado extraña, non se parecía a nada feito con anterioridade. Ademáis foi unha continua fonte de polémicas, pola censura coas súas letras, demandas polos dereitos coa foto da contraportada da presentación no Exploding Plastic Inevitable, e pola que finalmente sería retidado do mercado. Meses despois a banda despideu a Warhol como manager e Nico como vocalista, e puxéronse coa gravación da súa seguinte obra mestra "White Light/White Heat".
Os seus temas nen fai falla comentalos, seguro que todos tedes un tema favorito deste álbum. Once temas que son historia da música, case todas compostas por Lou Reed e coa innovadora produción de John Cale. 
50 anos desta xoia que se sacudiu complexos e cambiou as posibilidades da música, fundindo as posibilidades da poesía beat e a música rock, coa mercadotecnia do pop (aínda que eso funcionou moito máis tarde), e a trasgresión cultural que rompía con tódo-los convencionalismos dos anos 60s.

Ademáis aproveitamos para recomendarvos un repaso de cando fixemos o noso homenaxe aos 40 anos do álbum: ver entrada de revival aquí.

THE VELVET UNDERGROUND "The Velvet Underground & Nico"
(Verve Records, 1967)



Joy Division, Manchester 27 Oct 1979

Existen poucas gravacións en video dos primeiros Joy Division, e con calidade de imaxe aínda menos. Non vos emocionedes porque este tampouco é o caso, pero sempre é unha boa oportunidade para recuperalos.
Tra-lo lanzamento do "Unknown Pleasures" (xuño de 1979) e a súa promoción comezaron unha xira despois de aquel verán por todo o Reino Unido coma teloneiros dos Buzzcocks. Os 27 e 28 de outrubro de 1979 facían parada no Teatro Apollo de Manchester, e de ahí ven directamente este material.


No seu papel de banda de acompañamento, os Joy Division tiñan limitado o seu set a 32 minutos, sen bises nen máis concesións, de feito cara o final pode escoitarse prefectamente o enfado do público. 
Os dous concertos foron gravados por Richard Boon, o manager dos Buzzcocks, e propietario do selo New Hormones por aquel entón. O vídeo esta na rede dende maío do 2014, agora o recuperamos vía Post-Punk.com. Tamén podedes atopar os temas soltos do seguinte día (ver Transmission).

O setlist do concerto:
01. Dead Souls
02. Wilderness
03. Colony
04. Auto-Suggestion
05. Love Will Tear Us Apart
06. Shadowplay
07. She’s Lost Control
08. Transmission (non incluída no video)


martes, 14 de marzo de 2017

Breakin' Bones presentando "Pura Maldad"

Preparádevos para este sábado.
Teremos aos BREAKIN' BONES en directo presentando o seu novo traballo "Pura Maldad", a nova referencia de Ulomanía Coop. 
A mellor banda de psychobilly do país e o selo da casa xuntos, a festa de presentación vai a ser das boas, espectáculo garantizado.
E despois do concerto, sesión de Pau Pau a Go-Gó! dende a cabina para continuar coa serie Où Sont Les Femmes? que programamos durante todo o mes de marzo.
Sábado 18 de marzo, dende as 23:45h. Unha noite tremenda.
Non vo-lo perdades!



Sesión de Marinocha. OSLF?

Aquí tedes media hora da sesión de Marinocha da semana pasada coa que comezábamos o ciclo Où Sont Les Femmes?Metédelle volume!.

Marinocha Über Alles! "OSLF?"
(sesión Rif-Rock 4 marzo 2017)


viernes, 10 de marzo de 2017

Singapore Sling "Kill Kill Kill (Songs About Nothing)"

Xa hai tampo que non vos recomendamos nada dos islandeses Singapore Sling, que nos últimos anos están a deixarnos discos moi interesantes. E seguramente este ultimo que lanzaron sexa o máis sorprendente de todos.
Se non os coñecedes, son outra banda máis de neo-psychodelia, tocan tódo-los paus, dende a vía máis contundente, shoegaze de manual, ou ambient, pezas case de kraut, de baixo e percusión monolíticos e cando se poñen máis rítmicos fabrican auténticos temazos, aínda que teñen devoción por unha vertente máis escura. No seu anterior traballo ("Psych Fuck" do 2015) deixábanse posuir abertamente polo espíritu dos Sisters of Mercy, e desta vez continúan explorando outras influencias.
O mes pasado lanzaron "Kill Kill Kill", que xa é o seu noveno lp, e ademáis de todo o anterior, engaden elementos de revival 60s, e certa influencia do horror surf, e un piano contínuo que vos deixará tolos de remate.
Abre con 'Shake Shake Shake' que comeza coma unha banda sonora de serie b, con guitarras medio surf, melodías recoñecibles pero desconcertantes, aínda que pasadas de ton, ata que comeza o inquedante piano de fondo logo do primeiro estribillo e xa non deixa a canción, e vai subindo e xa non podes sacalo da cabeza en case todo o álbum. Continúa con 'Scum Scum Scum', un trallazo de space rock contundente, psychodélico e machacón, con ese piano que de novo vai guiando todo de fondo, ata que chega a voz de resposta de Ester Bíbí Ásgeirsdóttir nos estribillo para calmalo todo... e volver a empezar.
O álbum segue artellando entorno a pezas de nomes similares, con 'Bop Bop Boo' e 'Kill Kill Kill' cara o final (das máis 60s do álbum, e que te fará pensar por suposto nas aventuras de Tura Satana e as súas amigas en Faster Pussycat!). En medio as melodías máis pop de 'Evil Angel', a abrasión de 'Sonic Haus', e a volta dese piano en 'Surrounded by Cunts'. Cara o final o relax de 'Nothing and Nowhere' e os xogos instrumentais de 'Nuthing's Theme'. 
Un discazo!

SINGAPORE SLING "Kill Kill Kill (Songs About Nothing)"
(Fuzz Club Records, 2017)



jueves, 9 de marzo de 2017

Breakin' Bones "Pura Maldad"

Aquí tedes a segunda referencia de Ulomanía Coop.
O novo traballo dos BREAKIN' BONES, un vinilo de 7'' que leva por título "Pura Maldad" (ULO-002). Con catro temas que amosan toda a súa versatilidade e potencia. Abren con 'La Piel del Diablo', todo un trallazo en castelán que é un auténtico tobogán de ritmo e cunha historia de amor que deberedes escoitar varias veces. Seguen dous clásicos da banda, da súa cara máis psychobilly e máis punk, 'Brian the Brain' e un dos seus temas máis potentes 'Straight to Hell'. Para rematar, o stomp terrorífico de 'Puerto Hurraco' cheo de aventuras para toda a familia.
Son catro trazallos gravados en analóxico nos estudios The Dub Yard de Vigo, coa supervisión de Javier Vicente, editado en mono, e empaquetado ao revés nunha edición especial para zurdos de 300 copias numeradas. E todo co traballo gráfico de Daniel Alonso de El AlmaZén. Tremendo por dentro e precioso por fora.
Un discazo que vos sorprenderá.

BREAKIN' BONES "Pura Maldad"
(Ulomanía Coop., 2017)



Sáb.18: BREAKIN' BONES + Pau Pau a Go-Gó!

Preparádevos para próxima semana...
Teremos aos BREAKIN' BONES en directo presentando o seu novo traballo con Ulomanía Coop "Pura Maldad" (ULO-002, en vinilo de 7''). 
A mellor banda de psychobilly do país e o selo da casa xuntos, a festa de presentación vai a ser das boas, espectáculo garantizado.
E despois do concerto, sesión de Pau Pau a Go-Gó! dende a cabina para continuar coa serie Où Sont Les Femmes? que programamos durante todo o mes de marzo.
Sábado 18 de marzo, dende as 23:45h. Unha noite tremenda.
Non vo-lo perdades!


martes, 7 de marzo de 2017

[Revival] K7: DjChoeu, NewRa & Kosala Micosa

Un pouco de Revival!!
Imos oito anos atrás, porque xa botamos de menos aquelas tolas noites de Tomás DjChoeu, Ramón NewRa e Carlos Casiopeo.
Hoxe imos lembrar unha das máis especiais.
Imos ata o 2009, a noite K7!!

Poucas veces coincidiron estes tres no mesmo cartel, pero aquela foi unha desas ocasións: DjChoeu e NewRa pinchando cassettes toda a noite, e en medio, un par de pases do show en directo de Casiopeo, naquela ocasión chamado KOSALA MICOSA (xa sabedes que nunca repetía nome, e apenas repertorio).
Tamén podedes botarlle un ollo ao artigo na prensa de anuncio (ver ampliado aquí).

Foi unha sesión irrepetible, un alarde de retro-tecnoloxía de DjChoeu e Newra, además de unha selección musical tremenda, pero iso xa estaba por descontado con estes dous.
Os pases en directo de Kosala Micosa, xa sabedes, indescriptibles. Dous teclados, pedaleiras de efectos e letras case sempre improvisadas, se saía ben á primeira estupendo, e senón tamén...

Foi o 7 de marzo do 2009, xa hai 8 anos!
De mostra deixámosvos dous videos, un da actuación de Kosala Micosa, o seu hit de aquel mes 'Meu Odio', e un video de DjChoeu e NewRa aos mandos dos contadores de revolucións. Pero podedes repasalo todo seguindo esta etiqueta.
Tremenda a quela noite K7!


lunes, 6 de marzo de 2017

ULO-002: Breakin' Bones "Pura Maldad"

Aquí está a segunda referencia de Ulomanía Coop.!!
BREAKIN' BONES "Pura Maldad" (ULO-002)
Novo traballo dos Breakin' Bones, en vinilo de 7'' con catro trallazos marca da casa. Nunha edición limitada de 300 copias empaquetadas ao revés nunha tirada especial para zurdos.
Gravado en analóxico e masterizado en mono nos estudios The Dub Yard de Vigo, coa supervisión técnica de Javier Vicente, e todo presentado cos fantásticos deseños de Daniel Alonso / El AlmaZen. 
E por suposto, os agradecementos: aos Breakin' Bones por confiar en Ulomanía Coop. para esta edición; a Dani e EL AlmaZen por todo o traballo gráfico; a Rubén Suárez pola supervisión, á Imprenta Fidalgo polo seu acabado perfecto; e a todo o equipo de montaxe.
Gracias a todos. Agora, que xire!!! 
U.Coop.


OSLF: Marinocha!

a.k.a. Mrs U.Coop.

viernes, 3 de marzo de 2017

Où Sont les Femmes? 2017


Este mes de marzo programamos unha nova edición do ciclo Où Sont les Femmes?, no que se fan cargo da cabina do Rif-Rock algunhas das nosas mellores amigas para encargarse de toda a selección musical. 
Será a terceira edición, con menos sesións que o ano pasado polas datas dispoñibles, pero con propostas e estilos ben distintos.

Comezamos este mesmo fin de semana, o sábado 4 con MARINOCHA ÜBER ALLES, a principal impulsora desta historia e por suposto, porá todo o que lle pete, coma sempre.
O Sábado 11 será turno de BIMBA POP!, xa convertida en habitual da nosa cabina, garage rock, power pop e indie asegurado.. 
A seguinte semana faremos un pequeno paréntese nas sesións, teremos en directo aos Breakin' Bones, pero despois do concerto tomará os mandos PAU PAU A GO-GÓ! para ofrecernos a súa dose de ye-yé, beat, garage e surf.
Para rematar o mes temos sesión dobre: o venres 24 presentarase DON JUAN'S RECKLESS DAUGHTER, outra historia de Noa Castro que se reinventa coas súas músicas do mundo, jazz, bossa, soul, funk... sempre diferente a todo o demaís. A última entrega será o sábado 25, con NANI GONZÁLES e as súas sesións enormes con todo o que se lle poña por diante.

Mañá mesmo comezamos.
Esperamos que vos guste! Non faltedes!!


ULO-002 dende o sábado

Todo listo para o lanzamento da segunda referencia de Ulomanía Coop.
"Pura Maldad" dos BREAKIN' BONES (ULO-002).
A U-Coop. pónse en marcha para un fin de semana de moito traballo cos últimos retoques de artesanía do 7'' dos Breakin' Bones.
A próxima semana xa vos mostraremos todo o material con calma, pero dende a noite do sábado xa podedes pasar a recoller reservas e levalo a casa para poñelo a xirar a todo volume. Avisamos... discazo!!!


jueves, 2 de marzo de 2017

The Brian Jonestown Massacre "Don't Get Lost"

Novo álbum dos Brian Jonestown Massacre.
Neste tempos de enorme productividade de Anton Newcombe case non temos tempo para facernos con tódo-los seus lanzamentos, dende que hai un par de meses lanzara o "Third World Pyramid" leva publicando case un EP por mes, e adiantando novo material case semanalmente, moito aínda sen data de publicación, pero a este ritmo seguro que será rápido.
Nesta ocasión conta coas colaboracións do guitarrista noruego Emil Nikolaisen, Pete Fraser (The Pogues) no saxofón, e a intervención de Tim Burgess (The Charlatans), Tess Parks y Shaun Rivers nas voces.
"Don't Get Lost" é o 16º LP da banda, ademáis da longa numeración paralela de eps e maxis. Un álbum dobre, con catorce temas, moitas de longa duración, no que volve coas bases electrónicas e os ritmos motorik como base de moitas das pezas ('Open Minds now Closed' e 'Throbbing Gristle'), con algunhas pausas máis ambientais ('One slow Breath'), e a psychodelia marca da casa en 'Resist musch Obey Little' ou 'Groove is the Heart. Temos que agardar cara o final do álbum para o showgaze máis abrasivo de 'Nothing new to Trash like you'.
Xa sabedes da miña debilidade por todo o que fai Newcombe, pero ata para min resulta demasiado longo e demasiado machacón, sobre todo escoitando moito do material que está a incluir nos EPs e que leva adiantado aínda sen editar, no que volve ao son máis alucinado de 20 anos atrás (como mostra o adianto de 'Don't do that'). 
Aínda así, segue a ser un dos nosos imprescindibles.

THE BRIAN JONESTOWN MASSACRE "Don't Get Lost"
(A Records, 2017)



Eric Spitznagel "En busca de los discos perdidos"

Ten moi boa pinta o libro que vos recomendamos hoxe.
"En busca de los discos perdidos (Old records never die)" do xornalista Eric Spitznagel, no que o propio autor relata a súa delirante busqueda de tódo-los discos que malvendeu na súa xuventude. O máis interesante, é que non tenta buscalos seus discos favoritos, senon que busca exactamente os seus propios discos, percorrendo tendas, ferias, almacéns e subastas na rede. E aínda que non o creades, irán aparecendo. Un auténtico libro de aventuras. O prólogo a cargo de Jeff Tweedy.
Tal e como o presentan na web de Editorial Contra, un libro imprescindible si lo tuyo es Discogs y escarbar cubetas… 

Eric Spitznagel 
"En busca de los discos perdidos (Old Records Never Die)"
(Editorial Contra, 2017)




miércoles, 1 de marzo de 2017

Sáb.25: Nani Gonzáles


Ven.24: D.Juan's Reckless Daughter


Sáb.18: BREAKIN' BONES + Pau Pau a Go-Gó!

O prato forte do mes de marzo será o sábado 18:
Teremos aos BREAKIN' BONES en directo presentando o seu novo traballo con Ulomanía Coop "Pura Maldad" (ULO-002, en vinilo de 7''). 
A mellor banda de psychobilly do país e o selo da casa xuntos, a festa de presentación vai a ser das boas, espectáculo garantizado.
E despois do concerto, sesión de Pau Pau a Go-Gó! dende a cabina para continuar coa serie Où Sont Les Femmes? que programamos durante todo o mes de marzo.
Sábado 18 de marzo, dende as 23:45h. Unha noite tremenda.
Non vo-lo perdades!


Sáb.11: Bimba POP!


Sáb.4: Marinocha Über Alles