miércoles, 15 de marzo de 2017

The Velvet Underground & Nico

O domingo cumpríanse 50 anos do lanzamento do álbum de debut da Velvet Underground. Considerado por moitos coma o mellor álbum da historia, ou o maís influinte, ou que que cambiou o rumbo do rock para sempre, e sen dúbida a portada máis famosa de tódo-los tempos.
A formación orixinal da VU eran Lou Reed, John Cale, Sterling Morrison e Maureen Tucker, e para o seu debut, o manager Andy Warhol engadíu a modelo xermana Nico como vocalista. 
Foi un álbum transgresor, que falaba de drogas, prostitución e sadomasoquismo, lanzado por un selo de jazz, pero por moita provocación das súas letras, e por moito que estivera Warhol detras, o álbum foi un fracaso de ventas nun inicio, o público non escoitara antes algo así, a música era demasiado extraña, non se parecía a nada feito con anterioridade. Ademáis foi unha continua fonte de polémicas, pola censura coas súas letras, demandas polos dereitos coa foto da contraportada da presentación no Exploding Plastic Inevitable, e pola que finalmente sería retidado do mercado. Meses despois a banda despideu a Warhol como manager e Nico como vocalista, e puxéronse coa gravación da súa seguinte obra mestra "White Light/White Heat".
Os seus temas nen fai falla comentalos, seguro que todos tedes un tema favorito deste álbum. Once temas que son historia da música, case todas compostas por Lou Reed e coa innovadora produción de John Cale. 
50 anos desta xoia que se sacudiu complexos e cambiou as posibilidades da música, fundindo as posibilidades da poesía beat e a música rock, coa mercadotecnia do pop (aínda que eso funcionou moito máis tarde), e a trasgresión cultural que rompía con tódo-los convencionalismos dos anos 60s.

Ademáis aproveitamos para recomendarvos un repaso de cando fixemos o noso homenaxe aos 40 anos do álbum: ver entrada de revival aquí.

THE VELVET UNDERGROUND "The Velvet Underground & Nico"
(Verve Records, 1967)



No hay comentarios: