Comezamos as recomendacións da semana cunha desas locuras que poucos se atreven a facer. Novo traballo dos Magnetic Fields, e outra obra enorme para a historia do pop que nos devolve ao formato do "69 Love Songs".
Stephin Merritt cumpría 50 anos en febreiro do 2015, e para celebralo decideuse a facer un álbum conceptual con un tema por cada un dos seus anos. Comezou a compoñelos aquel mesmo día, e aquí esta. Cada peza comeza co ano ao que corresponde ademáis de un título engadido. E así vai relatando lembranzas da súa vida, dende experiencias no zoo, e as súas mascotas, de como se namorou de Judy Garland, ou de como aprendeu a toca-lo sintetizador. Todo repartido en cinco disco discos, sexa en LP ou CD, un para cada década.
Os temas estan interpretados por Merritt case na súa totalidade, con pequenas intervencións dos resto de compoñentes da banda (coros, piano, algunha guitarra e percusións), e coa produción de Thomas Bartlett e do seu colaborador habitual Charles Newman. Son 50 temas entre dous e tres minutos nos que atoparedes de todo, pop de cámara, pop brillante, cancións a medio facer, lo-fi, pezas acústicas, de piano, tonadas de cabaret, rock, post-punk, psychodelia e algo semellante ao disco.
Outra enorme locura de Merritt.
A única pega, é que polo de agora non o atoparemos por menos de 100 euros.
THE MAGNETIC FIELDS "50 Song Memoir"
(Nonesuch, 2017)
No hay comentarios:
Publicar un comentario