Aquí tedes a segunda referencia de Ulomanía Coop.
O novo traballo dos BREAKIN' BONES, un vinilo de 7'' que leva por título "Pura Maldad" (ULO-002). Con catro temas que amosan toda a súa versatilidade e potencia. Abren con 'La Piel del Diablo', todo un trallazo en castelán que é un auténtico tobogán de ritmo e cunha historia de amor que deberedes escoitar varias veces. Seguen dous clásicos da banda, da súa cara máis psychobilly e máis punk, 'Brian the Brain' e un dos seus temas máis potentes 'Straight to Hell'. Para rematar, o stomp terrorífico de 'Puerto Hurraco' cheo de aventuras para toda a familia.
Son catro trazallos gravados en analóxico nos estudios The Dub Yard de Vigo, coa supervisión de Javier Vicente, editado en mono, e empaquetado ao revés nunha edición especial para zurdos de 300 copias numeradas. E todo co traballo gráfico de Daniel Alonso de El AlmaZén. Tremendo por dentro e precioso por fora.
Un discazo que vos sorprenderá.
BREAKIN' BONES "Pura Maldad"
(Ulomanía Coop., 2017)
No hay comentarios:
Publicar un comentario