viernes, 10 de marzo de 2017

Singapore Sling "Kill Kill Kill (Songs About Nothing)"

Xa hai tampo que non vos recomendamos nada dos islandeses Singapore Sling, que nos últimos anos están a deixarnos discos moi interesantes. E seguramente este ultimo que lanzaron sexa o máis sorprendente de todos.
Se non os coñecedes, son outra banda máis de neo-psychodelia, tocan tódo-los paus, dende a vía máis contundente, shoegaze de manual, ou ambient, pezas case de kraut, de baixo e percusión monolíticos e cando se poñen máis rítmicos fabrican auténticos temazos, aínda que teñen devoción por unha vertente máis escura. No seu anterior traballo ("Psych Fuck" do 2015) deixábanse posuir abertamente polo espíritu dos Sisters of Mercy, e desta vez continúan explorando outras influencias.
O mes pasado lanzaron "Kill Kill Kill", que xa é o seu noveno lp, e ademáis de todo o anterior, engaden elementos de revival 60s, e certa influencia do horror surf, e un piano contínuo que vos deixará tolos de remate.
Abre con 'Shake Shake Shake' que comeza coma unha banda sonora de serie b, con guitarras medio surf, melodías recoñecibles pero desconcertantes, aínda que pasadas de ton, ata que comeza o inquedante piano de fondo logo do primeiro estribillo e xa non deixa a canción, e vai subindo e xa non podes sacalo da cabeza en case todo o álbum. Continúa con 'Scum Scum Scum', un trallazo de space rock contundente, psychodélico e machacón, con ese piano que de novo vai guiando todo de fondo, ata que chega a voz de resposta de Ester Bíbí Ásgeirsdóttir nos estribillo para calmalo todo... e volver a empezar.
O álbum segue artellando entorno a pezas de nomes similares, con 'Bop Bop Boo' e 'Kill Kill Kill' cara o final (das máis 60s do álbum, e que te fará pensar por suposto nas aventuras de Tura Satana e as súas amigas en Faster Pussycat!). En medio as melodías máis pop de 'Evil Angel', a abrasión de 'Sonic Haus', e a volta dese piano en 'Surrounded by Cunts'. Cara o final o relax de 'Nothing and Nowhere' e os xogos instrumentais de 'Nuthing's Theme'. 
Un discazo!

SINGAPORE SLING "Kill Kill Kill (Songs About Nothing)"
(Fuzz Club Records, 2017)



No hay comentarios: