jueves, 2 de marzo de 2017

The Brian Jonestown Massacre "Don't Get Lost"

Novo álbum dos Brian Jonestown Massacre.
Neste tempos de enorme productividade de Anton Newcombe case non temos tempo para facernos con tódo-los seus lanzamentos, dende que hai un par de meses lanzara o "Third World Pyramid" leva publicando case un EP por mes, e adiantando novo material case semanalmente, moito aínda sen data de publicación, pero a este ritmo seguro que será rápido.
Nesta ocasión conta coas colaboracións do guitarrista noruego Emil Nikolaisen, Pete Fraser (The Pogues) no saxofón, e a intervención de Tim Burgess (The Charlatans), Tess Parks y Shaun Rivers nas voces.
"Don't Get Lost" é o 16º LP da banda, ademáis da longa numeración paralela de eps e maxis. Un álbum dobre, con catorce temas, moitas de longa duración, no que volve coas bases electrónicas e os ritmos motorik como base de moitas das pezas ('Open Minds now Closed' e 'Throbbing Gristle'), con algunhas pausas máis ambientais ('One slow Breath'), e a psychodelia marca da casa en 'Resist musch Obey Little' ou 'Groove is the Heart. Temos que agardar cara o final do álbum para o showgaze máis abrasivo de 'Nothing new to Trash like you'.
Xa sabedes da miña debilidade por todo o que fai Newcombe, pero ata para min resulta demasiado longo e demasiado machacón, sobre todo escoitando moito do material que está a incluir nos EPs e que leva adiantado aínda sen editar, no que volve ao son máis alucinado de 20 anos atrás (como mostra o adianto de 'Don't do that'). 
Aínda así, segue a ser un dos nosos imprescindibles.

THE BRIAN JONESTOWN MASSACRE "Don't Get Lost"
(A Records, 2017)



No hay comentarios: