Os Wire cumpren 40 anos de carreira, e nada mellor que facelo con novo álbum.
Queda lonxe a época na que eran a banda máis infuente do underground, aquela banda que sempre ía un paso por diante de todos, con aquela triloxía inicial na que adiantaron todo o que pasaría despois: "Pink Flag" do 77, "Chairs Missing" do 78 e "154" do 79. Nesta terceira etapa da banda, dende a súa reunión co cambio de século estan a facer o camiño inverso, comezaron máis duros ca nunca, explorando o rock industrial máis experimental, e co paso dos discos van simplificando todo volvendo aos inicios, aínda que a premisa é facer pop, non ser a vangarda do art-punk. Agora xa non teñen que sorprender a ninguén, só facer o que lles peta.
"Silver/Lead" é o seu 15º álbum de estudio, de total actualidade televisiva, prata ou plomo. Presenta dúas partes marcadas do disco, coma en anteriores entregas, comeza coa etérea 'Playing Hard for the fishes' case a modo de intro, e segue co enérxico 'Short Elevated Period' e o pop luminoso de 'Diamonds in Cups', ou o traqueteo de 'This Time'. "Silver/Lead" discurre enfrontando esas dúas facetas da banda unha e outra vez, con enormes pistas de guitarras en moitas capas, percusión minimalista e a voz de Colin Newman que parece buscar a melodía pop perfecta.
Sempre solventes cumprindo á perfección co que se propoñan.
Dende este venres 31 na rúa.
Sempre solventes cumprindo á perfección co que se propoñan.
Dende este venres 31 na rúa.
WIRE "Silver/Lead"
(Pink Flag, 2017)
No hay comentarios:
Publicar un comentario