jueves, 31 de diciembre de 2015

FIN DE ANO: RifRocKerZ & CUATRO FOTOS!!

FELIZ ANO A TODOS!!
Que o 2016 sexa coma vós queirades, ou mellor!!

E si queredes, esta noite no Rif-Rock: RifRocKerZ + CUATRO FOTOS
Non atoparedes un plan mellor para comeza-lo o ano. 
Apertura ás 00:30h. Sesión e fotos dende as 02:30h.
Non vo-lo perdades.


todo listo para despedir o ano...

Todo listo para a festa de mañán. Artefacto montado, probado e calibrado!
Só falta saber candos djs aparecen...


miércoles, 30 de diciembre de 2015

Michi Calambres "sesión Nadal Soul"

Aínda quedaba unha sesión máis por compartir. 
Aquí tedes unha hora do que nos deixou Michi Calambres da súa tremenda sesión do sábado pasado para poñer fin ó Nadal Soul 2015. Metédelle volume!!

MICHI CALAMBRES "Sesión Nadal Soul"
(sesión Rif-Rock 26 dec.2015)


The Sharknadoos. Fotos de José Estévez

Máis fotos. Aquí tedes unhas cantas de José Estévez, só algunhas das que foi subindo polas redes estes días, do cento que fixo o venres pasado. Cando volva das súas merecidas vacacións xa nos enviará máis...










THE SHARKNADOOS: o concerto do Nadal Soul

A semana pasada rematamos co Nadal Soul, e un dos pratos fortes era sen dúbida o concerto de despedida por unha boa tempada de THE SHARKNADOOS. Logo do seu show a semana anterior no Continental, aínda tiñan marcado o venres 25 no Rif-Rock, día de Nadal, como día especial, e vaia se o foi.

Ofrecéronnos todo o seu repertorio en 'acústico', e aínda con algún tema que non fixeran antes no noso local, tremendo o 'Have Love will Travel'!!. E do que máis nos gustou de todo: nada de bágoas, moitos aplausos, e gañas de voltar nuns cantos meses. 

foto de José Estévez.
Coma sempre, gracias a todos por achegarvos ó Rif-Rock nunha noite tan especial, ninguén o quixo perder, e a José Estévez polo traballo extra coas fotos. E gracias Rubi, David, Jesús e Andrea! por todos estes concertos destes anos, e por escoller ó Rif-Rock para unha noite tan especial. Grandes Sharknadoos!! e ata a próxima!!

Xa tedes todo o concerto subido nas anteriores entradas (pt1 - pt2 - pt3) ou todo seguido en lista de reprodución:




The Sharknadoos (concerto pt.1)


The Sharknadoos (concerto pt.2)


The Sharknadoos (concerto pt.3)


lunes, 28 de diciembre de 2015

NADAL SOUL: os agradecementos

Rematou o Nadal Soul 2015, e o RIF-ROCK e o CONTINENTAL queremos amosar a nosa satisfacción por esta segunda edición, e o agradecemento a tódolos participantes, colaboradores e público que o fixéchedes posible durante estas tres semanas.
En primeiro lugar a COBESA,  empresa colaboradora, a través das súas marcas Super Bock e Summum, por implicarse decididamente un ano máis con esta historia.
Por suposto ás bandas e picadiscos que o fixeron posible: ós sete fantásticos que se xuntaron para dar forma a THE JAM OBSESSION con tan pouco tempo para preparalo, a NACHO PÉREZ Y LOS CHACALES por apuntarse un ano máis, e a THE SHARKNADOOS por escollernos para a súa festaza de despedida temporal e facelo tan especial; e ós encargados de tóda-las sesións: Comomepós, Chief Bromden, Munstaphá, El Gran Íñigo e Michi Calambres... en total 20 persoas que foron os que realmente montaron toda esta festa.
E o máis importante, gracias a todo o público que unha noite tras doutra abarrotáchedes os dous locais todas estas noites de programación.
Gracias a todos!! O próximo ano máis Nadal Soul!

este sábado: MARINOCHA ÜBER ALLES!!

O próximo fin de semana arrancamos o 2016 coma sempre: da primeira sesión do ano na nosa cabina se encarga Marinocha!. 
A ver se estamos todos recuperados. 
Über Alles!!


FIN DE ANO: RifRocKerZ & CUATRO FOTOS!!

Fin de Ano: RifRocKerZ & CUATRO FOTOS!! 
Apertura dende as 00:30h. Sesión e fotos dende as 02:30h. 
Non vo-lo perdades!!


domingo, 27 de diciembre de 2015

ata a próxima Sharknadoos!!

O do concerto do venres do Nadal Soul foi algo moi especial, coa festaza que nos montaron The Sharknadoos no seu 'ata logo', nunha noite tremenda que ninguén se quixo perder. Nestes días xa veríades por ahí moitas mensaxes de despedidas, de agradecementos e de voltas! Nós só podemos decir Gracias sharks! aplausos para vós, e sobre todo: Ata a próxima!!
*a fotazas da noite, por suposto, de José Estevez.


jueves, 24 de diciembre de 2015

NADAL SOUL: THE SHARKNADOOS, NACHO PEREZ, & sesións do Chief Bomden e Michi Calambres!

¿Estades preparados para o último fin de semana do NADAL SOUL??
Dúas noites tremendas para rematar por todo o alto esta segunda edición:

Venres 25:
No RIF-ROCK teremos a THE SHARKNADOOS en directo dende a medianoite, na que será a súa gran despedida dos escenarios por unha boa tempada, nun día tan especial coma este non podedes faltar.

Sábado 26
· No CONTINENTAL estarán NACHO PÉREZ Y LOS CHACALES en directo, dende a medianoite, e despois do concerto, outra sesión criolla do CHIEF BROMDEN!.
· No RIF-ROCK, ao remate do concerto do Continental, teremos na cabina ó noso gurú MICHI CALAMBRES, para o mellor fin de festa posible deste Nadal Soul!

E lembrade que as noites de concerto hai promocións especiais en cervexa Super Bock e Summum Gin Premium gracias á colaboración de COBESA.

Non vo-lo perdades!!


Nadal Soul: Marvin Gaye no JET Magazine

Como sempre hai quen pregunta... Aquí tedes ó protagonista do noso cartel do Nadal Soul deste ano: Marvin Gaye. A imaxe que empregamos está tomada dunha portada do JET Magazine de decembro de 1976.


Bo Nadal!

Bo Nadal a todos!!!
Que pasedes unhas boas festas na mellor compañía!
E se ademáis queredes, abrimos o Rif-Rock dende a medianoite.


miércoles, 23 de diciembre de 2015

Sáb.16 xaneiro: SINGLES2015

Outro clasicazo de cada mes de xaneiro: Kurco e Munstaphà facendo o repaso do mellor do ano anterior: Singles2015!, destripando os mellores singles, álbumes e bandas do ano. Con tanto estreno temos que deixalo para o sábado 16, así que seguramente será ó longo de toda esa semana cando publiquemos tóda-las nosas listas (aínda que xa o temos todo bastante claro...).



Sáb.9 xaneiro: BULE BULES djs

O primeiro sábado despois das festas será o turno dos BULE BULE djs! que se estrean como parella artística. ChisPum! xa habitual da nosa cabina, xunto con JuanRi, na súa primeira vez! que ganas de que chegue o día...


Sáb.2 xaneiro: MARINOCHA ÜBER ALLES!

Imos adiantando xa datas da programación de xaneiro do 2016!
Como sempre, da primeira sesión do ano na nosa cabina se encarga Marinocha!. 
Este ano tampouco faltará. Über Alles!!


martes, 22 de diciembre de 2015

Fin de Ano: RifRocKerZ & CUATRO FOTOS!!

Fin de Ano: RifRocKerZ & CUATRO FOTOS!! 
Apertura dende as 00:30h. Sesión e fotos dende as 02:30h. 
Non vo-lo perdades!!


Fugazi "Repeater"

Con tanto álbum que vos recomendamos este ano que cumprían décadas ou cuartos de século, non se podía quedar atrás o máis importante de todos. 
A comezos de ano o "Repeater" dos Fugazi cumpría 25 anos, e podo seguir decindo a día de hoxe que foi o álbum que cambiou a miña vida e me fixo obsesionarme coa música, así de fácil, así que todo o que escriba de agora en diante é pouco fiable...
Formáronse en 1987 logo de que Ian MacKaye liquidara ós Minor Threat, Fugazi nacía como a continuidade dunha idea, unha forma de facer, de propoñer e de romper con todo o anterior.
Logo das súas primeiras publicación en 12'' e 7'' entre o 88 e o 89 (o 12'' homónimo, logo coñecido como "8 songs", o ep "Margin Walker", e o 7'' de "3 Songs"), prepararon a súa estrea en Lp. En xaneiro do 90 veía a luz o tremendo "Repeater", que só coa súa cara A, na que se enganchan 'Turnover', 'Repeater', 'Brendan#1', 'Merchandise' e 'Blueprint', está moi por riba de calquer outro álbum completo que se vos ocurra, e índa quedan por diante temazos como 'Styrofoam'. Un par de meses despois lanzouse a edición en cd engadindo os temas do 7'' "3 Songs". Por suposto neste 2015 reeditouse de novo para conmemora-lo aniversario. 
Un imprescindible en calqueira colección.

FUGAZI "Repeater"
(Dischord Records, 1990)



Black Grooves! Vol.38 (Nadal Soul)

Aqui tedes a selección da sesión do venres pasado das Black Grooves!! 
Non podía faltar en medio da programación do Nadal Soul! Metédelle volume!

Psych.Munstphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!"
(sesión Rif-Rock 18 decembro 2015)
faite co volume 38 das Black Grooves! especial Nadal Soul!.



lunes, 21 de diciembre de 2015

Pantera e Iribarne: EP dos Metralletas Lecheras

A semana pasada xa vos anunciamos a nova referencia de Pantera e Iribarne Producións, o EP dos METRALLETAS LECHERAS! con catro temas: ''Fraga se murió' e 'Mutenroi' na cara A, e 'Jesucristo' e 'Tita Cervera' na cara B, as tres primeiras nunca antes editadas en formato físico, e que se presenta en dúas edicións en 7'' de auténtico luxo: a primeira en vinilo verde, con postal da banda, biografía e deseño coas letras, e outra en vinilo negro con tódo-los extras do anterior, e unha polaroid exclusiva e única en cada exemplar. Tedes para escoller e coleccionar!! paro as tiradas son limitadísimas, 250 copias en total, así que apurade para non quedar sen o voso. 
Xa o tedes á venta no Rif-Rock! 


E como ten que ser, a edición será presentada cunha festaza como ser merece, sera o próximo sábado, 26 de decembro, no LICEO MUTANTE de Pontevedra, dende as 19:30, e ademáis de poder mercar o discos, contará como plato forte unha churrascada de balde e os concertos de LOS TELEVISORES e METRALLETAS LECHERAS.


METRALLETAS LECHERAS.
Formaronse ala polo 2007,e a base de directos,no facer e vender os seus esculpidos corpos ,conseguiron meter un par de cortes nos recopilatorios "Come on Pelegrin" e "Galician Bizarre" no 2010 e editar o lp "Melodías para romanos" co selo Bowery Récords no 2011. Asi seguiron ata o 2013 donde decidiron tomarse un descanso de tantos excesos de mulleres e gastropunk.
Pero despois de casi 3 anos sin subirse a un escenario xuntos,conseguimos reunir esta delicatessen galega formada por o incombustible Rafa Anido (Los Iribarnes, Jiménez del oso, Travesti Afgano...) Ze Pequeno (Phantom Keys) Rubena Domingues (Telephones Rouges, Chicharrón) e Don Camilo (Travesti Afgano) para a presentación deste o seu Novo EP e esperamos que para metelos de Novo en acción!!!

LOS TELEVISORES.
Nacen das cinzas de LE CUL,banda de punkpop nada entre Chantada e Poio.Despois de varios cambios en 2012 fanse ca formación actual,participan no recopilatorio "Galician Bizarre II" e editan un EP con Rumble Récords.Eles falan de punk popsicotropico,de new wave psicotropica e reconocen influencias de LOS BOLIDOS e GLUTAMATO YEYE.
En 2014 tamen con Rumble publican o seu primeiro lp "Chicos i Chicas" un punk pop sencillo pero efectivo que recorda a formaciones como KAKA DE LUXE.
E agora,despois dun tempo parados para facer realidade o fantástico Bar VERBENA volven a subirse a un escenario para deixar a todos co cu torcido!!

Recomendado!!

Paco Rock-a-Hula

Paco Rodríguez. 
De Os Maruxa, dos Rock-a-Hulas, dos Studebakers, dos Flaming Guays, de Frankie Baltimore, de Rufus Recordings, de Discos Naranja y Negro, e tantas outras cousas máis... un dos máis grandes!


foto tomada de PowerPopAction.


preparados para o remate deste NADAL SOUL?


¿Estades preparados para o último fin de semana do NADAL SOUL??
Dúas noites tremendas para rematar por todo o alto esta segunda edición:

Venres 25:
No RIF-ROCK teremos a THE SHARKNADOOS en directo dende a medianoite, na que será a súa gran despedida dos escenarios por unha boa tempada, nun día tan especial coma ese non podedes faltar.

Sábado 26
· No CONTINENTAL estarán NACHO PÉREZ Y LOS CHACALES en directo, dende a medianoite, e despois do concerto, outra sesión do CHIEF BROMDEN!.
· No RIF-ROCK, ao remate do concerto do Continental, teremos na cabina ó noso gurú MICHI CALAMBRES, para o mellor fin de festa posible deste Nadal Soul!

Non vo-lo perdades!!



viernes, 18 de diciembre de 2015

NADAL SOUL: THE SHARKNADOOS + sesións (El Gran Iñigo, Munstaphà & Chief Bromden)

Este fin de semana seguimos co NADAL SOUL!!

O prato forte será o sábado 19 no CONTINENTAL, con THE SHARKNADOOS en directo dende a medianoite, co primeiro dos dous shows que nos ofreceran nesta edición, e que serán a súa despedida por uns cantos meses dos escenarios. E despois do concerto, sesión de EL GRAN ÍÑIGO, residente do local, será o encargado de seguir coa festa Nadal Soul!!
E todo coa colaboración de Cobesa, a través de Super Bock e Summum Gin.

No RIF-ROCK teremos dúas noites con sesións: 
· Venres 18: sesión Fuck'U Whiteys... Black Grooves! con MUNSTAPHÀ
· Sábado 19: será o turno do CHIEF BROMDEN na cabina do Rif-Rock, ao remate do concerto no Continental, con outra das súas sesións criollas de funk, soul e blues.

Non vo-lo perdades!!


NADAL SOUL 2015! o programa completo
Aquí tedes o programa completo desta segunda edición do NADAL SOUL que organizamos entre o Café CONTINENTAL e o RIF-ROCK neste Nadal 2015.
Unha programación conxunta nos dous locais entre os días 12 e 26 de decembro, con catro concertos, con THE JAM OBSESSION, THE SHARKNADOOS (que farán dobrete) e NACHO PÉREZ Y LOS CHACALES, e media ducia de sesións adicadas á música negra a cargo de Comomepos, Chief Bromden, El Gran Íñigo, Munstaphà e Michi Calambres. Todo repartido en tres fins de semana. 
Ademáis, igual que na pasada edición, coa participación de COBESA a quenes agradecemos de novo a súa colaboración, a través das marcas SUPER BOCK e GIN SUMMUM, con precios especiais dos seus productos durante os concertos. 

Aquí tedes todo ordenado por días. 
*Os horarios dos concertos son en torno á media noite como se indica no cartel, e as sesións nos dous locais comezarán sempre despois dos concertos:

Sábado 12 dec.
RIF-ROCK: THE JAM OBSSESION + sesión Comomepos!

Venres 18 dec. 
RIF-ROCK: sesión Fuck'U Whiteys... Black Grooves (Munstaphà).

Sábado 19 dec. 
CONTINENTAL: THE SHARKNADOOS + sesión El Gran Íñigo!!
RIF-ROCK: sesión Chief Bromden!

Venres 25 dec. 
RIF-ROCK: THE SHARKNADOOS 

Sábado 26 dec. 
CONTINENTAL: NACHO PÉREZ Y LOS CHACALES + sesión Chief Bromden!
RIF-ROCK: sesión de Michi Calambres!

---> as bandas:
THE JAM OBSESSION son outra volta de torca da banda da casa, e desta vez con tódo-los compoñentes dispoñibles para a ocasión, nunha especie de RifRocKerZ AllStars, xuntos para improvisar nesta noite especial do Nadal Soul. Teredes que vir o sabado 12 polo Rif-Rock para ve-lo resultado.

THE SHARKNADOOS escollen o Nadal Soul para ofrecernos os seus dous últimos concertos antes dun parón obrigado ata o próximo verán. David Falcón, Rubén Iglesias e Jesús Caramés poñendo rhythm'n'blues, soul, blues, rock para a espectacular voz de Andrea Area. Farán dobrete con un concerto en cada local, o sábado 19 no Continental e o venres 25 no Rif-Rock, podedes escoller pero mellor que non vos perdades ningún.

NACHO PEREZ Y LOS CHACALES repiten no cartel coma o ano pasado. Power trío de blues e funk co guitarrista Nacho Pérez á cabeza. O sábado 26 no Continental.

---> os picadiscos:
Ademáis dos concertos, unha boa selección de música para tódo-los días, con sesións especiais a cargo de Comomepos de seguro que con moito funk psychodélico o sábado 12 no Rif-Rock; o venres 18 a entrega mensual do Rif-Rock da serie Fuck'U Whiteys... Black Grooves! con Munstaphá na cabina; o sábado 19 será o turno de El Gran Íñigo residente no Continental; o Chief Bromden fará dobrete coas súas sesións criollas de funk soul e blues, o sábado 19 no Rif-Rock e o sábado 26 no Continental. Por último Michi Calambres, o noso picadiscos favorito, será o encargado de poñer o fin de festa no Rif-Rock o sábado 26. 

Un programa ben completo, non atoparedes un plan mellor para este mes!!
E todo con entrada de balde. Non vo-lo perdades!!


jueves, 17 de diciembre de 2015

Nicole Willis & The Soul Investigators "Happiness in every Style"

E un álbum máis de Black Grooves, para ir preparando a sesión de mañán...
O novo de Nicole Willis & The Soul Investigators, un discazo que aínda nos chegou a semana pasada e non deixamos de escoitar.
Nicole Willis comezou como corista e vocalista acompañante nos anos 80, para bandas de diversos estilos, pop, trip hop... ata que a mediados dos 90 comezou a traballar con insuperable Curtis Mayfield, foi entón cando comezou a súa carreira como solista (aínda que nunca deixou de aparecer como voz convidada en álbumes de outras bandas), un tanto irregular nos comezos, pero que na última década está totalmente asentada xunto cos fineses The Soul Investigators, das nosas bandas de cabeceira, cos que xa leva publicado tres álbumes e ata sete singles nestes anos. 
O seu último álbum titúlase "Happiness in Every Style", e despois do éxito do anterior ("Tortured Soul" do 2013), manten o nivel moi, pero que moi alto. Os Soul Investigators coa maquina de ritmo engrasada á perfección, ademáis coa colaboración de Jimi Tenor, e voz brillante e potente de Nicole Willis para redondear os once temas de soul rítmico e r'n'b. O single de presentación é 'One in a Million', pero eu quédome con 'Together we Climb' ou 'Paint me in a Corner'. Precioso de principio a final.

NICOLE WILLIS & THE SOUL INVESTIGATORS "Happiness in every Style"
(Timmion Recs, 2015)





Sharon Jones & The Dap-Kings "It's a Holiday Soul Party"

E imos cun par de recomendacións xa pensando na sesión Black Grooves de mañán no Nadal Soul. De primeiro o recente álbum de Sharon Jones: "It's a Holiday Soul Party", que saiu xa hai máis de un mes, e con esta temática de nadal ahí se quedou para outro momento. Odio estes álbumes de nadal, e non non tiña nin pensado escoitalo, pero o final a curiosidade puido conmigo.
E teño que recoñecer que o resultado non está nada mal, resúltame imposible abstraerme das letras e da temática, pero si sodes capaces non atoparedes nada que vos lembre ó nadal agás a portada. Un tema novo ('Just Another Christmas Song') e o resto reinterpretacións de clásicos de álbumes de nadal (e Hannukkah) doutras épocas, pero totalmente cambiados e con arranxos impresionantes e actuais, con ese toque de Daptone que acaba atrapándote aídna que non queiras...

SHARON JONES & THE DAP-KINGS "It's a Holiday Soul Party"
(Daptone Records, 2015)



Pantera e Iribarne & Metralletas Lecheras!


Grandes novas que nos chegan de Pantera e Iribarne Producións!!. Xa está lista a súa segunda referencia! O 7'' dos METRALLETAS LECHERAS, con catro temazos: 'Fraga se murió' e 'Mutenroi' na cara a, e 'Jesucristo' e 'Tita Cervera' na cara b, as tres primeiras nunca antes editadas en formato físico. Ademáis cada exemplar inclúe unha foto única da banda, por se sodes capaces de coleccionalas. 
¡¡Que ganas de telos na man!!
Dende este fin de semana xa os podedes atopar á venta no Rif-Rock, e o próximo fin de semana Festa de Presentación oficial da edición, será o Sábado 26 no Liceo Mutante de Pontevedra, cos Metralletas Lecheras e Los Televisores en directo. 
A comezos da próxima semana xa vos daremos máis información!





Fin de Ano: RifRocKerZ & CUATRO FOTOS!

Algúns levan semanas preguntando pola festa de Fin de Ano, que se repetimos ou non o combo dos últimos anos, pero a maioría xa sabedes que o de Jaleo está imposible desta vez... outro ano será, vós tranquilos!
Pero sí contaremos de novo co fotomatón de CUATRO FOTOS! para que fagades o indio todo o que vos pete, e na cabina un djSet de RifRocKerZ con Xavi, Munstaphà, Marinocha, e seguramente que algún máis se apuntará nos próximos días.

Fin de Ano: RifRocKerZ & CUATRO FOTOS!! 
Apertura dende as 00:30h. Sesión e fotos dende as 02:30h. 
Non vo-lo perdades!!


Foo Fighters "Foo Fighters"

Antes de que remate o ano aínda temos que recomendarvos uns cantos álbumes que cumpriron datas significativas neste ano e aínda non apareceron por aquí. E hoxe imos co debut dos Foo Fighters, aquel mítico álbum sen título que levaba na portada a pistola espacial que nos acompañou durante tantos anos. 
O álbum lanzouse en xullo do 1995, do que este ano se cumpriron 20 anos xa, os seus 12 temas foron gravados a finais do 94, aínda que case todos foran compostos e revisados por Dave Grohl dende moitos meses atrás. Naquel momento a banda era un proxecto persoal, de feito na gravación, Grohl se encarga de tódo-los instrumentos, agás pistas de guitarra que mete Greg Duli (dos Afghan Whigs) en 'X-Static'. Ahí estaban tamén 'This is a Call', 'I'll Stick Around', 'Big Me', 'For All the Cows'... doce temazos nun álbum histórico.
Curiosamente hai uns meses falábamos de que era un deses álbumes míticos da época que non tiñamos en vinilo, e precisamente onte nos fixemos con un que nos atopamos de casualidade, así que a recomendación estaba cantada.
Do resto da traxectaria de Grohl e dos Foo Fighters xa convertidos en banda xa non nos meteremos... pero este álbum é parte das nosas vidas!.

FOO FIGHTERS "Foo Fighters"
(Roswell Records, 2015)



miércoles, 16 de diciembre de 2015

THE JAM OBSESSION: o concerto

O sábado arrancábamos unha nova edición do Nadal Soul co tremendo show que nos ofreceron THE JAM OBSESSION, formada por tódo-los dipoñibles deso que chamamos a banda da casa xuntos nunha especie de RifRocKerZ AllStars, reunidos nunha soa semana e sen ensaios xerais.

Un repertorio ben ecléctico reinterpretando versións de clásicos de soul, funk e r'n'b: dende Otis Redding, Nina Simone, Bill Withers, John hurley (via Dusty Springfield), Stevie Wonder ou Wilson Picket, algún homenaxe que tocaba ós Stone Temple Pilots, pezas inspiradas en The Wire de Tom Waits e Jesse Winchester, e clasicazos dende Johnny Cash ou os Rolling Stones ata Blondie, e o tremendo final co 'Think' de Aretha Franklin con tódo-lo compoñentes xuntos.


Coma sempre, gracias a todos por achegarvos ó Rif-Rock unha noite máis para desfrutar da música en directo, e montar a festaza que tivemos o sábado, e sobre todo estes cracks que o fixeron posible: Isidro Dozo, Quique Barreiro, Pîti, Miguel Costas, Victor Karallada, David Falcón e Karlos Abal. Grazas!! Freeeeedom!! E por suposto a Carlos 'Comomepos', co par de horas de sesión que nos ofreceu dende a cabina ata o peche. Unha noite fenomenal, e só foi a xornada inaugural desta edición do Nadal Soull. Nas próximas semana maís!.

Xa tedes todo o concerto subido nas anteriores entradas (pt1 - pt2 - pt3 - pt4) ou todo seguido en lista de reprodución:

The Jam Obsession (concerto pt.1)


The Jam Obsession (concerto pt.2)


The Jam Obsession (concerto pt.3)


The Jam Obsession (concerto pt.4)


martes, 15 de diciembre de 2015

The Jam Obsession, algunhas fotos...

Aquí tedes algunhas fotos do concerto do sábado de THE JAM OBSESSION, na xornada inaugural do Nadal Soul 2015!!. Tremenda festaza! As fotos de Kurco.