jueves, 17 de diciembre de 2015

Nicole Willis & The Soul Investigators "Happiness in every Style"

E un álbum máis de Black Grooves, para ir preparando a sesión de mañán...
O novo de Nicole Willis & The Soul Investigators, un discazo que aínda nos chegou a semana pasada e non deixamos de escoitar.
Nicole Willis comezou como corista e vocalista acompañante nos anos 80, para bandas de diversos estilos, pop, trip hop... ata que a mediados dos 90 comezou a traballar con insuperable Curtis Mayfield, foi entón cando comezou a súa carreira como solista (aínda que nunca deixou de aparecer como voz convidada en álbumes de outras bandas), un tanto irregular nos comezos, pero que na última década está totalmente asentada xunto cos fineses The Soul Investigators, das nosas bandas de cabeceira, cos que xa leva publicado tres álbumes e ata sete singles nestes anos. 
O seu último álbum titúlase "Happiness in Every Style", e despois do éxito do anterior ("Tortured Soul" do 2013), manten o nivel moi, pero que moi alto. Os Soul Investigators coa maquina de ritmo engrasada á perfección, ademáis coa colaboración de Jimi Tenor, e voz brillante e potente de Nicole Willis para redondear os once temas de soul rítmico e r'n'b. O single de presentación é 'One in a Million', pero eu quédome con 'Together we Climb' ou 'Paint me in a Corner'. Precioso de principio a final.

NICOLE WILLIS & THE SOUL INVESTIGATORS "Happiness in every Style"
(Timmion Recs, 2015)





No hay comentarios: