jueves, 10 de diciembre de 2015

The Who "My Generation"

Outra xoia de cabeceira que cumpre 50 anos. 
A comezos de decembro de 1965 lanzábase o primeiro álbum de The Who, e a semana pasada "My Generation" cumpría xa medio século. Logo de un ano lanzando singles, primeiro 'Zoot Suit/I'm the Face' en 1964 aínda como The High Numbers, e xa como The Who en 1965 'I Can't Explain' e 'Anyway, Anyhow, Anywere' con notable éxito, a finais de outubro lanzaban o single 'My Generation', con edición tamén nos USA e que foi toda unha revolución. A expectación creada precipitou o lanzamento do seu álbum de debut, que veu a luz a primeira semana de decembro de 1965, e inmediatamente lanzouse a edición norteamericana, titulada "The Who sings My Generation" con cambio de portada (a banda diante do Big Ben) e sustitúen a versión do 'I'm a Man' de Bo Diddley pola propia 'Instant Party'. A pesar do apresurado na gravación, é directamente un dos mellores álbumes da historia, ahí están 'The Good's Gone', 'La-la-la-lies, 'Much too Much', 'The Kids are Alright', It's not True' e a instrumental 'The Ox', e por suposto 'My Generation'. As covers, a mencionada de Bo Diddley e dúas de James Brown. Polo demáis, a historia de Pete Townshend, Roger Daltrey, John Entwistle e Keith Moon non facía máis que comezar...

THE WHO "My Generation"
(Brunswick, 1965)




No hay comentarios: