Impresionante o show dos DEAD WOOD o sábado.
Era a súa cuarta visita neste 2015, que por algo son a banda residente do local.
Chegaron coma sempre con moito repertorio renovado, mentres van mellorando os seus temas antes de entrar no estudio, Breo Gun lanzándose a cantar un par de temas, o show de cada día de Mr. Bam Bam (o sábado convertido en Rufus el Guarro), e o Sheriff Lorre poñendo orde no espectáculo. Novos temas como 'Baddest Man', 'Jimmy the cobard and Percy the brave' e 'Lose Control', e para remate xa clásico con 'O Lobo', e de bonus track unha versión máis de country psychodélico doutra banda mítica de Lugo: 'Ma Baker'!! Tremendos, e divertisídimos!! Había tempo que non nos ríamos tanto coma o sábado.
Coma sempre, gracias a todos por achegarvos ó Rif-Rock unha noite máis para desfrutar da música en directo, e montar esta festaza, e sobre todo a estes pedazo de artistas polo seu compromiso co local. Xa con gañas do seu próximo show, que se nada se torce será despois de que rematen a súa primeira visita polo estudio de gravación. Xa vos avisaremos!! Gracias cracks!!
Xa tedes todo o concerto subido nas anteriores entradas (pt1 - pt2 - pt3 - pt4) ou todo seguido en lista de reprodución:
No hay comentarios:
Publicar un comentario