viernes, 4 de diciembre de 2015

Rocket from the Tombs "Black Record"

Novo álbum/reunión dun dos maiores mitos do punk. Rocket from the Tombs foi unha banda seminal de Cleveland, duraron so uns meses entre 1974 e 1975 e non publicaron nada oficialmente, sen embargo o seu legado foi eterno. Coa separación David Thomas montou Pere Ubu, e Cheetah Chrome os Dead Boys, dúas lendas do punk norteamericano. Moito temos escrito sobre eles neste blog e noutros medios, así que xa sabedes de qué vai a cousa. Cos anos publicaron as súas gravacións en directo ("The Day the Earth Met The Rocket From the Tombs" con directos de 1975, que se lanzou por primeira vez no 2002, e agora relanzado neste mesmo ano), e cos anos foron reuníndose para gravar no estudio tódos aqueles temas, que en realidade xa se repartiran nos repertorios das bandas que montaron despois, foi o "Rocket Redux" de 2004. Logo seguiron as xiras e os recopilatorios. 
A sorpresa chegou no 2011 coa publicación do "Barfly" un álbum con novos temas, e agora lanzan este "Black Record", con revisión de dous clasicazos da banda logo publicados polos Dead Boys, a mítica 'Sonic Reducer' e 'Read it and weep', o cover do 'Strychnine' dos Sonics, e logo oito temas novos. Despois de seguir durante tandos anos as carreiras de Thomas e Chrome, o resultado non sorprende, unha evolución do que levan facendo con son actual, sen embargo me pregunto, se 40 anos despois e legado da marca RFTT queren que o legado do mito sexa este, a saber... pero dende logo é o mellor que Thomas e Chrome, xuntos ou por separado, levan publicado en moitos anos.

ROCKET FROM THE TOMBS "Black Record"
(Fire Records, 2015)



No hay comentarios: