Con tanto álbum que vos recomendamos este ano que cumprían décadas ou cuartos de século, non se podía quedar atrás o máis importante de todos.
A comezos de ano o "Repeater" dos Fugazi cumpría 25 anos, e podo seguir decindo a día de hoxe que foi o álbum que cambiou a miña vida e me fixo obsesionarme coa música, así de fácil, así que todo o que escriba de agora en diante é pouco fiable...
Formáronse en 1987 logo de que Ian MacKaye liquidara ós Minor Threat, Fugazi nacía como a continuidade dunha idea, unha forma de facer, de propoñer e de romper con todo o anterior.
Logo das súas primeiras publicación en 12'' e 7'' entre o 88 e o 89 (o 12'' homónimo, logo coñecido como "8 songs", o ep "Margin Walker", e o 7'' de "3 Songs"), prepararon a súa estrea en Lp. En xaneiro do 90 veía a luz o tremendo "Repeater", que só coa súa cara A, na que se enganchan 'Turnover', 'Repeater', 'Brendan#1', 'Merchandise' e 'Blueprint', está moi por riba de calquer outro álbum completo que se vos ocurra, e índa quedan por diante temazos como 'Styrofoam'. Un par de meses despois lanzouse a edición en cd engadindo os temas do 7'' "3 Songs". Por suposto neste 2015 reeditouse de novo para conmemora-lo aniversario.
Un imprescindible en calqueira colección.
FUGAZI "Repeater"
(Dischord Records, 1990)
No hay comentarios:
Publicar un comentario