A semana pasada xa vos anunciamos a nova referencia de Pantera e Iribarne Producións, o EP dos METRALLETAS LECHERAS! con catro temas: ''Fraga se murió' e 'Mutenroi' na cara A, e 'Jesucristo' e 'Tita Cervera' na cara B, as tres primeiras nunca antes editadas en formato físico, e que se presenta en dúas edicións en 7'' de auténtico luxo: a primeira en vinilo verde, con postal da banda, biografía e deseño coas letras, e outra en vinilo negro con tódo-los extras do anterior, e unha polaroid exclusiva e única en cada exemplar. Tedes para escoller e coleccionar!! paro as tiradas son limitadísimas, 250 copias en total, así que apurade para non quedar sen o voso.
Xa o tedes á venta no Rif-Rock!
E como ten que ser, a edición será presentada cunha festaza como ser merece, sera o próximo sábado, 26 de decembro, no LICEO MUTANTE de Pontevedra, dende as 19:30, e ademáis de poder mercar o discos, contará como plato forte unha churrascada de balde e os concertos de LOS TELEVISORES e METRALLETAS LECHERAS.
METRALLETAS LECHERAS.
Formaronse ala polo 2007,e a base de directos,no facer e vender os seus esculpidos corpos ,conseguiron meter un par de cortes nos recopilatorios "Come on Pelegrin" e "Galician Bizarre" no 2010 e editar o lp "Melodías para romanos" co selo Bowery Récords no 2011. Asi seguiron ata o 2013 donde decidiron tomarse un descanso de tantos excesos de mulleres e gastropunk.
Pero despois de casi 3 anos sin subirse a un escenario xuntos,conseguimos reunir esta delicatessen galega formada por o incombustible Rafa Anido (Los Iribarnes, Jiménez del oso, Travesti Afgano...) Ze Pequeno (Phantom Keys) Rubena Domingues (Telephones Rouges, Chicharrón) e Don Camilo (Travesti Afgano) para a presentación deste o seu Novo EP e esperamos que para metelos de Novo en acción!!!
LOS TELEVISORES.
Nacen das cinzas de LE CUL,banda de punkpop nada entre Chantada e Poio.Despois de varios cambios en 2012 fanse ca formación actual,participan no recopilatorio "Galician Bizarre II" e editan un EP con Rumble Récords.Eles falan de punk popsicotropico,de new wave psicotropica e reconocen influencias de LOS BOLIDOS e GLUTAMATO YEYE.
En 2014 tamen con Rumble publican o seu primeiro lp "Chicos i Chicas" un punk pop sencillo pero efectivo que recorda a formaciones como KAKA DE LUXE.
E agora,despois dun tempo parados para facer realidade o fantástico Bar VERBENA volven a subirse a un escenario para deixar a todos co cu torcido!!
Recomendado!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario