martes, 15 de diciembre de 2015

máis Nadal Soul o próximo fin de semana...


Despois do estupendo arranque do sábado con The Jam Obsession, o próximo fin de semana seguimos co NADAL SOUL! 

O prato forte será o sábado 19 no CONTINENTAL, con THE SHARKNADOOS en directo dende a medianoite, co primeiro dos dous shows que nos ofreceran nesta edición, e que serán a súa despedida por uns cantos meses dos escenarios. E despois do concerto, sesión de El Gran Íñigo, residente do local, será o encargado de seguir coa festa Nadal Soul!!

No RIF-ROCK teremos dúas noites con sesións: 
· Venres 18: sesión Fuck'U Whiteys... Black Grooves! con MUNSTAPHÀ
· Sábado 19: será o turno do CHIEF BROMDEN na cabina do Rif-Rock, ao remate do concerto no Continental con outra das súas sesións criollas de funk, soul e blues.

Non vo-lo perdades!!

No hay comentarios: