martes, 1 de diciembre de 2015

Guided by Voices "Suitcase Four / Briefcase Four: Captain Kangaroo Won the War"

Hai pouco máis dun ano se despedía unha das nosas bandas de referencia. Robert Pollard comunicaba (unha vez máis) que os Guided by Voices se separaban para sempre, aínda que iso xa se verá. Pollard continuou coa súa prolífica carreira en solitario, e formando Ricked Wicky como principal proxecto. Sen embargo, no momento da disolución os GbV xa anunciaran novos lanzamentos, que non sairán á luz como tal, pero si os seus temas. Ao tempo...
Polo momento Pollard lanza unha nova entrega dos Guided by Voices' Suitcases, eses maletíns cos que periódicamente dende o ano 2000 lanza compilacións de temas descartados, sen rematar, directos de estudio ou versións que finalmente non foron incluídos en edicións de pequeno formato, así que coa disolución toca outra entrega, a número catro. Este "Suitcase Four" leva por subtítulo Captain Kangaroo Won the War e se lanza en caixa de catro cds que inclúen 100 temas, con rarezas e diferentes mesturas dos lanzamentos destes últimos anos, dende o seu último regreso no 2010, pero tamén da primeira metade dos 90s e comezos dos 2000s. Sen dúbida varios dos seus mellores moentos, así que imaxinádevos o contido! e ademáis as demos dos temas que se incluirían no que ía a ser o seu seguinte álbum en 2016. A edición en Lp, para non complicar o asunto, preséntase en formato sinxelo, cambia de nome a "Briefcase Four: Captain Kangaroo Won the War" e inclúe unha selección de 22 temas da caixa a modo de best of. E co tempo xa veremos se volven. ou non...

GUIDED BY VOICES "Suitacase Four: Captain Kangaroo Won the War" (BoxSet)
/ "Briefcase Four: Captain Kangaroo Won the War" (LP)
(GbV Inc., 2015)



No hay comentarios: