O 7 de agosto celebraremos a 8ª edición da nosa Festa do Bigote!! Seguimos cos preparativos. Polo momento xa temos protagonista para o poster: o enorme Kurt Rambis, un dos maiores mitos estéticos dos 80s. Faltan 5 semanas...
GØGGS é o novo proxecto do incansable Ty Segall, acompañado polo seu compinche nos Fuzz Charles Moothart, e Chris Shaw dos Ex-Cult.
Son outro power trío no que tanto Segall coma Moothart se van encargando de case tódo-lo instrumentos no estudio, guitarras, baixo e batería que se van alternando en cada tema. Chris Saw encárgase das voces, e contan ademáis coa intervención dos colaboradores habituais de Segall: Denee Petracek e Mikal Cronin.
A finais do 2015 xa lanzaran o single de adianto "She Got Harder", no que se incluía o propio tema, que tamén abre este debut, e o tema exclusivo 'Billy is a Runnaway'. Este venres lanzan o seu álbum de debut: "GØGGS Lp". Un álbum moi potente, rápito e contundente, con guitarras chirriantes e unha sección rítmica que te voará a cabeza. Unha uténtica animalada.
Os Sonic Youth xa non existen, pero seguen tendo material gardado para rato, e cada vez está máis claro que van a seguir tirando do baúl.
Este mes publicouse "Spinhead Sessions 1986". Trátase de material grabado en 1986, xusto despois da publicación do "Evol", para a banda sonora do filme Made in USA (Ken Friedman, 1987).
Naquela banda sonora se incluían 23 cortes breves, tal e como se remataron para incluir no filme, e que non foron publicados ata 1995 por Rhino.
Neste Spinhead Sessions aparecen sete demos daquelas sesións, con temas que logo se foron cortando, ou directamente se descartaron por ser meros ensaios. Son pasaxes ambientais densos e punzantes, coma os 16 minutos de 'Ambient Guitar & Dreamy Theme', ou os 8 de 'High Mesa'. Só para moi completistas.
Onte cumpríronse 50 anos do lanzamento do primeiro álbum dos Mothers of Invention de Frank Zappa. Un dos primeiros traballos conceptuais da historia, e unha bofetada á toda a industria cultural norteamericana. Un álbum de avant-garde e rock psychodélico delirante, con doo-wop e rhythm'n'blues entre chistes e arranxos dunha orquesta de cámara.
Un auténtico éxito fora dos USA, alí costoulles máis dixerilo. Para Verve Records foi todo un reto económico e un risco profesional. Freak Out! foi unha renovación nos métodos de grabación (e moi costosos tamén) e todo un atrevimento, incluíndo moitos tacos, e referencias explicitas ás drogas que non eran habituais nas edicións dunha compañia tan potente como esa. Pero o resultado foi un dos mellores álbumes da historia. E ademáis incluía auténticos hits eternos coma 'Hungry Freak Daddy', 'Motherly Love', a miña favorita 'Any Way the Wind Blows' ou 'Trouble Every Day'. E só era o comezo da xigantesca carreira de Zappa e compañía. Xa vo-lo recomendamos noutras ocasións, pero hoxe tocaba de novo. Un imprescinble!!
"Ahora más que nunca Mr. Spock!" foi un dos lemas do PNV, na precampaña de Ibarretxe do 2009. Aquí tedes algunha nova desa campaña galáctica, na web de El Pais, e non vos perdades o video que inclúe.
Coma sempre en castelán, nin rastro de euskera... curioso, pero cartelazo mítico!! Aínda así, perderon o goberno despois de 30 anos.
Unha novidade recén saída a semana pasada. O debut dos Senior Service. Un supergrupazo que reúne ó mellor do garage e do beat británico da últimas décadas e firman un álbum instrumental de un calibre superior.
A banda está composta por Jon Barker no organo, Graham Day na guitarra, Darryl Hartley ao baixo, e Wolf Howard á percusión. Nas súas bagaxes están The Prisoners, os Mighty Caesars, The James Taylor Quartet, The Masonics e os Buff Medways de Billy Childish. Case nada.
Este "The Girl in the Glass Case" son 14 instrumentais, con base de garage beat, moitos toques do acid jazz que evolucionou James Taylor e algún toque de surf para un álbum totalmente cinmatográfico, e todo interpretado con instrumentos que son auténticas xoias de museo. Unha auténtica pasada. Recomendadísimo!.
Máis grabacións dos Cramps que saen a luz, pero non esperedes material inédito nin xoias esquecidas. Trátase dunha recopilatorio nada oficial dun selo ruso. Leva por título "Царь вернулся!!!" (King is Back!!!) e recolle temas grabados en sesións de radio e tv durante a xira de presentación do "A Date with Elvis" na primaveira de 1986.
Edición limitada a 300 copias en vinilo verde. Solo para moi completistas.
O tracklist: A1 What's Inside A Girl? A2 The Hot Pearl Snatch A3 Can Your Pussy Do The Dog? A4 How Far Can Too Far Go? A5 Teenage Rock 'n' Roll Monster A6 Chicken A7 The Dawn Of Rock 'n' Roll B1 Do The Clam B2 A Date With Elvis B3 How Far Can Too Far Go? B4 The Hot Pearl Snatch B5 Aloha From Hell B6 The Leper And The Prostitute B7 (Hot Pool Of) Womanneed
En xullo do 2016 o Rif-Rock cumpre 17 anos. Dezasete!!! E como cada ano imos a celebralo cun programa especial.
A fórmula habitual era a de presentar a unha nova banda xunto con outra habitual da casa, pero con tantos cambios de última hora, mesturamos as dúas ideas. Teremos aos membros de dúas das nosas bandas habituais facendo cousas totalmente distintas ao que vos teñen acostumados, e coma sempre con algún dos nosos picadiscos favoritos.
Sábado 2 de Xullo 2016:
RUFUS Y LOS GUARROS en directo dende as 23:45h.
Rufus The Guarro é un vagabundo namorado da música de raíces. Nunhas das súas viaxes polo noroeste, tropezouse con dous mugrentos músicos ós que convidou a unirse á súa aventura. Así naceu o proxecto Rufus & Los Guarros, no que dan renda solta ó seu amor pola música tradicional norteamericana. Ás súas costas, membros de Los Wavy Gravies, Dead Wood, The Allnight Workers, Los Hijos Bastardos de Peter Lorre e un longo etc...
Non vos perdades a súa estrea no día do noso aniversario!!
E despois do concerto, o gurú SHERIFF LORRE tomará os mandos dende a cabina para outra espectacular sesión entre o seu rhythm'n'blues troglodita e o revival máis elegante.
Venres 8 de Xullo 2016: Sesión de PTOOFF!!, un clásico da nosa cabina que se reinventa unha e outra vez. A noite comleta para el só. Non vos perdades a estrea do seu novo álter ego.
Sábado 9 de Xullo 2016:
THE BOLTONS en directo dende as 23:45h.
Moitas voltas deron The Boltons ata chegar aquí. Moitos cambios en pouco tempo para terminar co formato máis directo posible: un power trio de blues, groove e psychodelia, unha jam que crece con convidados de luxo, e un repertorio que non decidirán ata que comece o show. E despois do concerto, sesión de dj CHAN (aka A.C.M.E.), un referente das cabinas do país (sobre todo no Carpintería e no Tupperware), e que por fin se achega ó Rif-Rock cargado de discos, cos clásicos eternos da música alternativa e os hits máis recentes, para poñer o fin de festa perfecto ó noso aniversario.
Novos temas dos Stone Roses. En maio lanzaban 'All for One', e esta semana sae o 'Beautiful Thing' un tema de 7 minutos que soa coma se non tiveran pasado máis de 20 anos dende o "Second Coming" de 1994.
A semana pasada nos deixaron no Rif-Rock uns cantos complementos para lembrarnos que xa queda moi pouco para a 8ª Festa do Bigote!! Apuntade a data: 7 de agosto, domingo do Albariño. Que comece a conta atrás, falta un mes e medio...
Este fin de semana presentouse o cartel gañador do concurso para a LXIV Festa do Albariño. A obra de Emérita Méndez, noraboa! A nós encántanos!. Xa queda menos...
Aquí tedes algo máis de unha hora da sesión de onte mesmo de Fuck'U Whiteys... Black Grooves!! Todo con temas dos últimos anos, aínda que menos blues do que resultou a noite. Metédelle volume!.
Psych.Munstaphà "Fuck'U Whiteys... Black Grooves!!"
O sábado pasado tivemos no Rif-rock a estrea de LOST SONGS, o novo proxecto de Isi Vaamonde e Bruno Barreiro.
Con este formato recuperan vellos temas do seu repertorio de outras épocas, descartes, covers e temas tan recentes que aínda seguirán medrando en cada concerto. Voces, teclado, guitarras e pedais. Un concerto intimista que sirveu de adianto perfecto para o noso aniversario o próximo mes.
Bruno e Isi, moitas gracias por escollernos para o estreno, e a todos por vir, e tamén a Cobesa e Super Bock pola colaboración extra no concerto.
Polo momento só subiremos tres temas: 'Anytime', o cover 'Time after Time' de Cindy Lauper, e 'Running Around'. Aquí os tedes en lista de reproducción:
En xullo do 2016 o Rif-Rock cumpre 17 anos. Dezasete!!!
E como cada ano imos a celebralo cunha programación especial. O formato será o mesmo que o dos últimos anos, coa idea de presentar a unha nova banda, xunto con outra habitual da casa, e sempre acompañadas dalgúns dos nosos picadiscos favoritos.
A comezos da próxima semana vos ensinaremos o programa completo que temos preparado. Polo momento apuntade as datas: 2 e 9 de xullo. Atentos...
Se falamos de garage, un dos selos que está a facer mellor traballo nos últimos anos é o portugués Chaputa Records. Primeiro polo coidado das súas edicións, polas seleccións das bandas que publica e os temas que seleccionan para os seus 7'', splits e demáis, e finalmente polos seus prezos. Todo un exemplo.
A comezos deste ano lanzaron o primeiro recopilatorio do selo, do que será a serie "Sons of Chaputa". Nesta primeira entrega presenta a oito bandas garageras de Portugal versionando en exclusiva outros tantos clasicazos de épocas e estilos distintos. Ahí atoparedes ós fantásticos The Act-Ups versionando o 'I Can’t Stand It' da Velvet Underground, os D3O 'I Put a Spell on You' de Screamin' Jay Hawkins, os Murdering Tripping Blues con The Kinks, The Dirty Coal Train versionan o 'Nytroglicerine' dos Gories, The Parkinsons ós Mad Daddys, Fast Eddie Nelson ós MC5, The Jack Shits a Wilson Pickett, e Bruto and The Cannibals ós Gun Club. Unha maravilla!!
Outro EP que vos recomendamos esta semana: "The Reflex Revisions".
Henri-Pierre Noël é un teclista haitiano, migrado a Canadá, que a finais dos 70s e comezos dos 80s lanzou un par de traballos únicos, que mesturaba o acid-jazz máis vangardista da época, o afro-disco e toda a riqueza rítmica do caribe.
Dende entón ata esta década nin rastro de publicacións na súa carreira. Foi o selo británico Wah Wah 45s quen o repescou, en primeiro lugar reeditando os seus traballos orixinais que estaban totalmente perdidos, e lanzando novos 7'', con material novo e remixes de vellas pezas.
O último é este "The Reflex Revisions EP", no que o productor francés Nicolas Laugier, máis coñecido como The Reflex, remestura varios temas de Henri-Pierre Noël. 'Funky Spider Dance', 'A Fifth Of Beethoven' e 'Back Home... Sweet Home'. Preséntase nun 12'' e se vos facedes coa edición dixital, inclúe 'Diskette' como tema extra. As catro revisións se van ata os sete minutos cada unha, e reforzan a rítmica das orixinais, ademáis de potenciar os seus elementos máis característicos, respectándoas bastante sen que perdan a súa esencia.
'Funky Spider Dance' e 'Back Home... Sweet Home' pertencían ó álbum "One More Step" de comezos dos 80s, e que son as que manteñen máis elementos orixinais que diferenciaban o seu estilo, coa rítmica caribeña, os coros mestizos, e ese piano percusivo tan peculiar; mentres que o 'A Fifth Of Beethoven' é unha versión que Noël fixo sobre a peza de Walter Murphy coa 5ª Sinfonía de Beethoven convertida en disco (que coñeceredes de sobra polo cine), e aparecía no 7'' de Noël co que debutou para Wah Wah 45s no 2013. Por último o tema extra é 'Diskette', que pertencía o seu álbum de debut "Piano", de 1979. Un auténtico pelotazo de baile que pega con todo.
The Saurs son unha banda de Barcelona, ou eran. Eran unha das grandes promesas no rock psychodélico, garagero, velocidade punk e melodías power pop, con temas que eran auténticos cañonazos de ritmo. Hoxe mesmo anunciaron a súa disolución. Unha auténtica mágoa. E de paso presentaron o seu último video-clip: 'Thursday'.
Así que xa aproveitamos para recomendavos o seu Lp de finais do ano pasado. Despois de dous EPs que diron moito que falar ("Bring me Fog" do 2013 e "Dry Finger" do 2014), en outubro do ano pasado lanzaron o seu debut en LP "Magic Shape", con 11 temas que non te deixarán quieto nin un segundo.
Hai un par de meses saiu o último ep dos Phantom Dragsters e aínda non vo-lo presentamos neste blog. Seguro que xa os coñecedes, pero por se acaso...
The Phantom Dragsters son un trío de Ourense, e nos últimos anos se converteron seguramente na mellor banda de surf do país. Despois do seu EP de debut no 2013, por fin chegou este novo "Surfin' After Death", fíxose esperar, lanzáronno polo Record Store Day, e como non apuredes quedades sen el.
Son catro temas, na cara A 'Devil Race' e 'Surfin' After Death', dous pelotazos surf de libro, cinematográficas a máis non poder en cada nota, e na cara B 'Kosmokrator' e 'Galaxy Quest', moito máis rítmicas e garageras.
E todo empaquetado cos deseños de Roberto Argüelles. Se queredes o 7'' acudide a un dos seus concertos, para o dixital, visitade o seu bandcamp.
Comezamos a semana recomendándovos un dos libros que máis esta a dar que falar nos últimos meses: "Como dejamos de Pagar por la Música" de Stephen Witt. A edición orixinal "How Music got Free" foi lanzado por Viking Press/Penguin Books en xuño do ano pasado, e rápidamente se converteu en todo un fenómeno. E dende o mes pasado xa o temos dispoñible en castelán da man da Editorial Contra.
A idea desta obra aranca cando Witt comezou a preguntarse de donde saia toda a música que el mesmo descargaba. Igual que calqueira rapaz da súa xeración tiña acceso a case calquer disco a través de redes P2P, ata acumular unha cantiadade de música que, recoñecía, non escoitaría na vida. Entón comezou a preguntarse de donde saían todos esos discos, quen os subía a rede, cómo, cando e por qué.
Arranca coa propia creación dos sistemas de compresión de arquivos dixitais e segue con algúns dos individuos que se convertiron nos principais filtradores de arquivos. O antes e o despois da Napster, e de ahí ata o desplome da industria da música, todo relatado como unha auténtica novela. E sen embargo tamén se pregunta cómo chegou esa industria a ser tan poderosa durante tanto tempo. Unha das cousas máis instructivas que podedes ler sobre a nosa xeración.
Stephen Witt "Cómo dejamos de pagar por la música"
¿Qué ocurre cuando toda una generación comete el mismo crimen?
Cómo dejamos de pagar por la música documenta por primera vez uno de los fenómenos clave de la cultura contemporánea: la debacle de la industria musical tal y como la conocíamos, y la irrupción de la cultura digital, la piratería y los archivos de audio MP3 como vehículo del nuevo consumo de la música.
Tras años de investigación, Stephen Witt construye un fascinante relato que explora tres momentos de la historia que explican cómo ha cambiado el mundo en relación con el consumo de la música grabada.
El primero de los momentos nos lleva a los investigadores e ingenieros alemanes, encabezados por Karlheinz Brandenburg, que, buscando un método que permitiera comprimir el sonido para facilitar su transmisión, dieron con un invento que, a pesar de que fue inicialmente denostado por el comité que decide qué estándares tecnológicos llegan al consumidor (MPEG), revolucionaría a finales del siglo xx la manera como el público escucharía la música a partir de ese momento.
En segundo lugar, la investigación de Witt nos lleva a Dell Glover: el «paciente cero» de la piratería, uno de los primeros que empezó a filtrar los discos de éxito del momento semanas antes de que salieran al mercado. Glover, que trabajaba en la planta de CD de Kings Mountain, Carolina del Norte, perteneciente al gigante de la industria musical PolyGram, extraía subrepticiamente los CD de la fábrica antes de que se publicaran y los «colgaba» en las primigenias redes piratas, a partir de las cuales se extendían como el cáncer por todo el mundo.
El tercer gran protagonista es una de las eminentes figuras de la industria musical norteamericana: Doug Morris, que, al frente de las principales majors de la música, contempló cómo la industria musical que había contribuido en gran parte a levantar se iba a pique.
Cómo dejamos de pagar por la música es el relato de esta controvertida historia que traza el paso del CD al MP3, y del pago por la música a la «gratuidad». Fenómenos como Napster, The Pirate Bay, el iPod y iTunes de Apple, y un largo etcétera, se dan cita en este libro que ilumina uno de los fenómenos más paradigmáticos de nuestro tiempo.
Estupenda a estrea onte de LOST SONGS, un repertorio fantástico. Isi Vaamonde & Bruno Barreiro, moitas gracias, e sorte con esta nova historia!!. E por suposto, gracias a todos por vir! *a foto de Jose Estévez.
Os protagonistas, LOST SONGS. O novo proxecto de Bruno Barreiro e Isi Vaamonde, que se estrean xuntos no Rif-Rock, recuperando vellas cancións e descartes de outras épocas, e cousas moi recentes. Cun formato sinxelo: voces, teclados e guitarra.
Ademáis contaremos esa noite coa colaboración especial de Cobesa e Super Bock, coa promoción de tercios de cervexa Stout (negra) por só 1€!!
Hoxe adícanlle un bo artigo ó concerto de LOST SONGS de mañán, a estrea do novo proxecto de Isi Vaamonde e Bruno Barreiro.´
Podedes atopalo no suplemento Viernes Arousa de La Voz de Galicia de hoxe mesmo, e aquí tedes o enlace á edición dixital. Aínda que no texto inclúen un pequeno erro no día. Lembrade, será mañán sábado dende as 23:45!! Non faltedes!!
Seguro que a maoiría coñecedes de sobra ó francés Pascal Comelade, aínda que só sexa de oídas, porque publica discos sen parar e sempre o recomendan en tóda-las publicacións, máis especializadas ou máis xeralistas. Pero estou seguro que case nunca lle prestades atención a esas reseñas, e non vos achegades ós seus traballos. Non é fácil, porque a maioría dos seus traballos son totalmente experimentais, publica demasiado e con pouca distribución, e rara vez lanza dous álbumes seguidos con estilos semellantes. Pero de vez en cando saca unha xoia mais accesible coma esta.
Cando neste blog recomendamos a semana pasada o último traballo dos Limiñanas, fixemos referencia a este disco, e algúns nos preguntaron por el. Pois aquí vai, directamente recomendado.
O título completo é "Traité De Guitarres Triolectiques (À L'usage Des Portugaises Ensablées)", e está composto a medias por Pascal Comelade e Lionel Limiñana. É un álbum de rock, de garage, de surf, e por suposto con moita experimentación, senón non serían eles. Preséntase en dúas partes, na cara A se corresponde con ese Tratado de guitarra trioeléctricas', e a cara B co subtítulo sobre os usos que lles den os portugueses. Son 14 temas de guitarras de todo tipo, acústicas, eléctricas e moitos pedais de efectos, ademáis de piano e órgano eléctrico. Un álbum instrumental agás nos bramidos de 'You're Never Alone With A Schizo'. Ademáis un cover do 'Why Are We Sleeping?' dos Soft Machine. Na edición en cd inclúen 16 temas que cambian no tramo final, e incorporan algunha colaboración de anos atrás.
Atrevédevos con él, recomendado!!
PASCAL COMELADE + LES LIMIÑANAS "Traite de guitarres triolectriques"
E outra referencia do selo Légère Recordings que nos chega através de WillWork4Funk, e que non coñecíamos ata agora.
Trátase dun 7'' lanzado en outubro do ano pasado, da banda xermana The Mighty Mocambos, de Hamburgo. Son só dous temas, pero chegan de sobra par amosarnos toda a súa versatilidade.
Na cara A aparecen xunto co gran Lee Fields, co soul desgarrador de 'Where do we go from Here', e na cara B un auténtico cañonazo para as pistas de baile que mestura os seus 'Locked And Loaded' e 'The Showdown' nunha nova peza que leva por título 'B-Boy siute in B-Flat Minor'.
O 7'' esta esgotado, pero podedes facervos con el no seu bandcamp.
THE MIGHTY MOCAMBOS with LEE FIELDS "Where do we go from Here"
Comezamos cos álbumes que vos recomendamos esta semana:
De primeiro o novo traballo de Nick Pride & The Pimptones, un clásico do revival da última década, dende Newcastle achegándose a tódo-las formas posibles de mesturar jazz, soul, funk e rhythm'n'blues.
"Go Deep" é a súa nova referencia para o selo xermano Légère Recordings, e aínda que afirman que está moito máis centrado que os anteriores "Midnight Feast of Jazz" (un instrumental do 2011) ou o "Rejuiced Phat Shake" do 2014, a mín encantáronme.
O certo é que este "Go Deep" reúene os acertos de aqueles, sobre todo por continuar coa vocalista Beth Macari na banda (que incorporaron no anterior LP), e aínda que os temas de lanzamento tiran máis polo intensidade soul ('What the heart wants' ou 'Don't break her heart'), o álbum é puro ritmo, como en 'Sweetness and Light', 'Put your arms around me', as pezas máis r'n'b como 'If you aín't' ou 'Baby can we start again', algunha máis jazz ('Give it to me'), ou o traca final de 'Nothing but the Good Times'. Recomendadísimo.
Este sábado non vos perdades a estrea do novo proxecto de Isi Vaamonde e Bruno Barreiro: LOST SONGS en directo. Ademáis coa colaboración de Cobesa e Super Bock!!
O sábado pasado quedou a medias a sesión Trash. Nía asaltou a cabina, e fíxose cargo da música o resto da noite... Gracias Nía! Agora xa ten que volver de forma oficial. Prometido!!
Aquí tedes un rato da sesión do sábado de Trash Trash Trash!! todo da nosa basura preferida dos últimos meses, do pouco que tivemos tempo a poñer antes de que nos botaran fora da cabina... jajajaja. Metédelle volume!!
O combate de de Kinshasa entre Foreman e Muhammad Alí no 74, foi moito máis que un evento deportivo. Aínda que tentou pasar á historia como a reivindicación do panafricanismo e do mundo negro, en realidade era un tinglado montado por dous persoaxes pouco recomendables, o mítico empresario Don King que organizou un dos eventos máis grandes da historia naquel momento, e patrocinado polo dictador Mobutu que pretandía lanzar a imaxe do país ó mundo. Era o combate do século, o retorno ao grande de Ali tra-la súa suspensión, contra o gran campeón Foreman. A propaganda íba dende a mera publicidade de "o combate do seculo" ata os reivindicativos "dende a escravitude a campións". Don King soubo crear entorno ó combate todo un entramado de publicidade, cartos e espectáculo.
Outro dos grandes espectáculos paralelos que houbo en Kinshasa naquela semana de setembro foi o festival Zaïre'74, no que participaban grandes artistas de funk, soul e blues afroamericanos con algunhas das grandes figuras da música africana. A idea foi do gran Hugh Masekela, e o encargado da producción foi Stewart Levine. En tres días pasaron polo escenario James Brown, Bill Withers, B.B. King, The Crusaders ou The Spinners dende os USA, estrelas cubanas coma Celia Cruz e os Fania AllStars, e artistas africanos coma o propio Masekela, Miriam Makeba ou Manu Dibango.
Sen embargo outras grandes figuras africanas opuxéronse a participar dende o primeiro momento. O máis belixerante foi, por suposto, Fela Kuti, que consideraba que todo aquelo era denigrante para o seu pobo, que era unha mera operación de propaganda do réxime de Mobutu e nada tiña que ver co movimento panafricanista, senón que se trataba de outra agresión colonialista. Meses despois publicaba o álbum "Expensive Shit", con claras referencias a todo aquelo, e co que se metía de cheo na súa etapa máis combativa.
Aquel festival quedou marcado para sempre coma un fito histórico. Dalgún xeito todo o aparato de propaganda funcionou, e non era para menos. Se tivera gañado Foreman, seguramente todo sería distinto, pero gañou Ali, ou tiña que gañar, e a lenda non fixo maís que crecer.
Durante moitos anos se mostraron imaxes daqueles concertos como un mero acompañamento do combate. Un bo exemplo foi o documental When we were Kings de Leon Gast, de 1996, máis de 20 anos despois, no que se relataba toda aquela semana en Kinshasa, centrado no combate e na figura de Ali, pero repasandoo todo:
Non foi ata o 2008 cando o proio Leon Gast lanzou un documental sobre o festival Zaïre74, titulado sinxelamente Soul Power!, coas actuacións do festival, uns concertos que foron un auténtico espectáculo, e tamén co seguimento dos artistas nos días de estancia en Kinshasa, que case teñen aínda máis valor que a propia música.
Os protagonistas, LOST SONGS. Un novo proxecto de Bruno Barreiro e Isi Vaamonde, que se estrean xuntos no Rif-Rock, recuperando vellas cancións e descartes de outras épocas. Cun formato sinxelo: voces, teclados e guitarra.
Ademáis contaremos esa noite coa colaboración especial de Cobesa e Super Bock, coa promoción de tercios de cervexa Stout (negra) por só 1€!!
Apuntade a data, será o Sábado 11 de xuño ás 23:45h.