miércoles, 22 de junio de 2016

17º Aniversario do RIF-ROCK!!


Aquí tedes o programa completo do...
17º Aniversario do RIF-ROCK!!


En xullo do 2016 o Rif-Rock cumpre 17 anos. Dezasete!!! E como cada ano imos a celebralo cun programa especial.
A fórmula habitual era a de presentar a unha nova banda xunto con outra habitual da casa, pero con tantos cambios de última hora, mesturamos as dúas ideas. Teremos aos membros de dúas das nosas bandas habituais facendo cousas totalmente distintas ao que vos teñen acostumados, e coma sempre con algún dos nosos picadiscos favoritos.

Sábado 2 de Xullo 2016:
RUFUS Y LOS GUARROS en directo dende as 23:45h.
Rufus The Guarro é un vagabundo namorado da música de raíces. Nunhas das súas viaxes polo noroeste, tropezouse con dous mugrentos músicos ós que convidou a unirse á súa aventura. Así naceu o proxecto Rufus & Los Guarros, no que dan renda solta ó seu amor pola música tradicional norteamericana. Ás súas costas, membros de Los Wavy Gravies, Dead Wood, The Allnight Workers, Los Hijos Bastardos de Peter Lorre e un longo etc...
Non vos perdades a súa estrea no día do noso aniversario!!
E despois do concerto, o gurú SHERIFF LORRE tomará os mandos dende a cabina para outra espectacular sesión entre o seu rhythm'n'blues troglodita e o revival máis elegante.

Venres 8 de Xullo 2016:
Sesión de PTOOFF!!, un clásico da nosa cabina que se reinventa unha e outra vez. A noite comleta para el só. Non vos perdades a estrea do seu novo álter ego. 

Sábado 9 de Xullo 2016:
THE BOLTONS en directo dende as 23:45h.
Moitas voltas deron The Boltons ata chegar aquí. Moitos cambios en pouco tempo para terminar co formato máis directo posible: un power trio de blues, groove e psychodelia, unha jam que crece con convidados de luxo, e un repertorio que non decidirán ata que comece o show.
E despois do concerto, sesión de dj CHAN (aka A.C.M.E.), un referente das cabinas do país (sobre todo no Carpintería e no Tupperware), e que por fin se achega ó Rif-Rock cargado de discos, cos clásicos eternos da música alternativa e os hits máis recentes, para poñer o fin de festa perfecto ó noso aniversario.

Tres noites tremendas. Non vo-lo perdades!!

No hay comentarios: