O combate de de Kinshasa entre Foreman e Muhammad Alí no 74, foi moito máis que un evento deportivo. Aínda que tentou pasar á historia como a reivindicación do panafricanismo e do mundo negro, en realidade era un tinglado montado por dous persoaxes pouco recomendables, o mítico empresario Don King que organizou un dos eventos máis grandes da historia naquel momento, e patrocinado polo dictador Mobutu que pretandía lanzar a imaxe do país ó mundo. Era o combate do século, o retorno ao grande de Ali tra-la súa suspensión, contra o gran campeón Foreman. A propaganda íba dende a mera publicidade de "o combate do seculo" ata os reivindicativos "dende a escravitude a campións". Don King soubo crear entorno ó combate todo un entramado de publicidade, cartos e espectáculo.
Outro dos grandes espectáculos paralelos que houbo en Kinshasa naquela semana de setembro foi o festival Zaïre'74, no que participaban grandes artistas de funk, soul e blues afroamericanos con algunhas das grandes figuras da música africana. A idea foi do gran Hugh Masekela, e o encargado da producción foi Stewart Levine. En tres días pasaron polo escenario James Brown, Bill Withers, B.B. King, The Crusaders ou The Spinners dende os USA, estrelas cubanas coma Celia Cruz e os Fania AllStars, e artistas africanos coma o propio Masekela, Miriam Makeba ou Manu Dibango.
Sen embargo outras grandes figuras africanas opuxéronse a participar dende o primeiro momento. O máis belixerante foi, por suposto, Fela Kuti, que consideraba que todo aquelo era denigrante para o seu pobo, que era unha mera operación de propaganda do réxime de Mobutu e nada tiña que ver co movimento panafricanista, senón que se trataba de outra agresión colonialista. Meses despois publicaba o álbum "Expensive Shit", con claras referencias a todo aquelo, e co que se metía de cheo na súa etapa máis combativa.
Aquel festival quedou marcado para sempre coma un fito histórico. Dalgún xeito todo o aparato de propaganda funcionou, e non era para menos. Se tivera gañado Foreman, seguramente todo sería distinto, pero gañou Ali, ou tiña que gañar, e a lenda non fixo maís que crecer.
Durante moitos anos se mostraron imaxes daqueles concertos como un mero acompañamento do combate. Un bo exemplo foi o documental When we were Kings de Leon Gast, de 1996, máis de 20 anos despois, no que se relataba toda aquela semana en Kinshasa, centrado no combate e na figura de Ali, pero repasandoo todo:
Non foi ata o 2008 cando o proio Leon Gast lanzou un documental sobre o festival Zaïre74, titulado sinxelamente Soul Power!, coas actuacións do festival, uns concertos que foron un auténtico espectáculo, e tamén co seguimento dos artistas nos días de estancia en Kinshasa, que case teñen aínda máis valor que a propia música.
Ahí o tedes completo:
Soul Power!
USA. Antidote Films/DASFilmsLtd., 2008
dir: Leon Gast.
No hay comentarios:
Publicar un comentario