Unha novidade recén saída a semana pasada. O debut dos Senior Service. Un supergrupazo que reúne ó mellor do garage e do beat británico da últimas décadas e firman un álbum instrumental de un calibre superior.
A banda está composta por Jon Barker no organo, Graham Day na guitarra, Darryl Hartley ao baixo, e Wolf Howard á percusión. Nas súas bagaxes están The Prisoners, os Mighty Caesars, The James Taylor Quartet, The Masonics e os Buff Medways de Billy Childish. Case nada.
Este "The Girl in the Glass Case" son 14 instrumentais, con base de garage beat, moitos toques do acid jazz que evolucionou James Taylor e algún toque de surf para un álbum totalmente cinmatográfico, e todo interpretado con instrumentos que son auténticas xoias de museo. Unha auténtica pasada. Recomendadísimo!.
THE SENIOR SERVICE "The Girl in the Glass Case"
(Damaged Goods, 2016)
No hay comentarios:
Publicar un comentario