martes, 28 de junio de 2016

The Mothers of Invention "Freak Out!"

Onte cumpríronse 50 anos do lanzamento do primeiro álbum dos Mothers of Invention de Frank Zappa. Un dos primeiros traballos conceptuais da historia, e unha bofetada á toda a industria cultural norteamericana. Un álbum de avant-garde e rock psychodélico delirante, con doo-wop e rhythm'n'blues entre chistes e arranxos dunha orquesta de cámara.
Un auténtico éxito fora dos USA, alí costoulles máis dixerilo. Para Verve Records foi todo un reto económico e un risco profesional. Freak Out! foi unha renovación nos métodos de grabación (e moi costosos tamén) e todo un atrevimento, incluíndo moitos tacos, e referencias explicitas ás drogas que non eran habituais nas edicións dunha compañia tan potente como esa. Pero o resultado foi un dos mellores álbumes da historia. E ademáis incluía auténticos hits eternos coma 'Hungry Freak Daddy', 'Motherly Love', a miña favorita 'Any Way the Wind Blows' ou 'Trouble Every Day'. E só era o comezo da xigantesca carreira de Zappa e compañía. Xa vo-lo recomendamos noutras ocasións, pero hoxe tocaba de novo. Un imprescinble!!

The Mothers of Invention "Freak Out!"
(Verve Records / MGM, 1966)



No hay comentarios: