Comezamos cos álbumes que vos recomendamos esta semana:
De primeiro o novo traballo de Nick Pride & The Pimptones, un clásico do revival da última década, dende Newcastle achegándose a tódo-las formas posibles de mesturar jazz, soul, funk e rhythm'n'blues.
"Go Deep" é a súa nova referencia para o selo xermano Légère Recordings, e aínda que afirman que está moito máis centrado que os anteriores "Midnight Feast of Jazz" (un instrumental do 2011) ou o "Rejuiced Phat Shake" do 2014, a mín encantáronme.
O certo é que este "Go Deep" reúene os acertos de aqueles, sobre todo por continuar coa vocalista Beth Macari na banda (que incorporaron no anterior LP), e aínda que os temas de lanzamento tiran máis polo intensidade soul ('What the heart wants' ou 'Don't break her heart'), o álbum é puro ritmo, como en 'Sweetness and Light', 'Put your arms around me', as pezas máis r'n'b como 'If you aín't' ou 'Baby can we start again', algunha máis jazz ('Give it to me'), ou o traca final de 'Nothing but the Good Times'. Recomendadísimo.
Nick Pride & The Pimptones "Go Deep"
(Légère Recordings, 2016)
No hay comentarios:
Publicar un comentario