Seguro que a maoiría coñecedes de sobra ó francés Pascal Comelade, aínda que só sexa de oídas, porque publica discos sen parar e sempre o recomendan en tóda-las publicacións, máis especializadas ou máis xeralistas. Pero estou seguro que case nunca lle prestades atención a esas reseñas, e non vos achegades ós seus traballos. Non é fácil, porque a maioría dos seus traballos son totalmente experimentais, publica demasiado e con pouca distribución, e rara vez lanza dous álbumes seguidos con estilos semellantes. Pero de vez en cando saca unha xoia mais accesible coma esta.
Cando neste blog recomendamos a semana pasada o último traballo dos Limiñanas, fixemos referencia a este disco, e algúns nos preguntaron por el. Pois aquí vai, directamente recomendado.
O título completo é "Traité De Guitarres Triolectiques (À L'usage Des Portugaises Ensablées)", e está composto a medias por Pascal Comelade e Lionel Limiñana. É un álbum de rock, de garage, de surf, e por suposto con moita experimentación, senón non serían eles. Preséntase en dúas partes, na cara A se corresponde con ese Tratado de guitarra trioeléctricas', e a cara B co subtítulo sobre os usos que lles den os portugueses. Son 14 temas de guitarras de todo tipo, acústicas, eléctricas e moitos pedais de efectos, ademáis de piano e órgano eléctrico. Un álbum instrumental agás nos bramidos de 'You're Never Alone With A Schizo'. Ademáis un cover do 'Why Are We Sleeping?' dos Soft Machine. Na edición en cd inclúen 16 temas que cambian no tramo final, e incorporan algunha colaboración de anos atrás.
Atrevédevos con él, recomendado!!
PASCAL COMELADE + LES LIMIÑANAS "Traite de guitarres triolectriques"
(Because Music, 2015)
No hay comentarios:
Publicar un comentario