martes, 14 de junio de 2016

The Phantom Dragsters "Surfin' After Death EP"

Hai un par de meses saiu o último ep dos Phantom Dragsters e aínda non vo-lo presentamos neste blog. Seguro que xa os coñecedes, pero por se acaso... 
The Phantom Dragsters son un trío de Ourense, e nos últimos anos se converteron seguramente na mellor banda de surf do país. Despois do seu EP de debut no 2013, por fin chegou este novo "Surfin' After Death", fíxose esperar, lanzáronno polo Record Store Day, e como non apuredes quedades sen el. 
Son catro temas, na cara A 'Devil Race' e 'Surfin' After Death', dous pelotazos surf de libro, cinematográficas a máis non poder en cada nota, e na cara B 'Kosmokrator' e 'Galaxy Quest', moito máis rítmicas e garageras.
E todo empaquetado cos deseños de Roberto Argüelles. Se queredes o 7'' acudide a un dos seus concertos, para o dixital, visitade o seu bandcamp

THE PHANTOM DRAGSTERS "Surfin' After Death"
(New H Records, 2016)



No hay comentarios: