miércoles, 29 de junio de 2016

GØGGS "GØGGS LP"

GØGGS é o novo proxecto do incansable Ty Segall, acompañado polo seu compinche nos Fuzz Charles Moothart, e Chris Shaw dos Ex-Cult. 
Son outro power trío no que tanto Segall coma Moothart se van encargando de case tódo-lo instrumentos no estudio, guitarras, baixo e batería que se van alternando en cada tema. Chris Saw encárgase das voces, e contan ademáis coa intervención dos colaboradores habituais de Segall: Denee Petracek e Mikal Cronin.
A finais do 2015 xa lanzaran o single de adianto "She Got Harder", no que se incluía o propio tema, que tamén abre este debut, e o tema exclusivo 'Billy is a Runnaway'. Este venres lanzan o seu álbum de debut: "GØGGS Lp". Un álbum moi potente, rápito e contundente, con guitarras chirriantes e unha sección rítmica que te voará a cabeza. Unha uténtica animalada.

GØGGS "GØGGS LP"
(In the Red Recordings, 2016)





No hay comentarios: