Novo lanzamento do universo The Cramps que chega dende o selo Trash Wax. Trátase dun 7'' que recolle tres temas gravados por Poison Ivy en momentos moi diferentes. Non pensedes que é material novo ou inédito.
Na cara A 'Peter Gunn Locomotion', instrumental xunto con Kid Congo e Art Fein, un tema que aparecía nun recopilatorio de homenaxe as bandas sonoras de Henri Mancini ("Shots in the Dark", Donna Records, 1996). Na cara B dous temas acompañando a Wanda Jackson no seu álbum de 2003 "Heart Trouble". En primeiro lugar 'Funnel of Love' con Poison Ivy nas guitarras e coros, e 'Riot in Cell Block#9' asinada como Wanda Jackson & The Cramps, que só aparecía na edición en cd daquel álbum. Nada novo, pero sempre interesante.
Edición de 300 copias polo momento en vinilo negro, pero xa anuncian seguinte tirada en plástico vermello. Para completistas.
POISON IVY "Peter Gunn Twist EP"
(Trash Wax, 2017, 2017)