martes, 12 de febrero de 2019

Guided by Voices "Zeppelin over China"

Novo álbum do incansable Robert Pollard cos Guided by Voices.
No 2017 Pollard celebraba o lanzamento do seu álbum número 100 baixo calquera das súas marcas, lanzando o primeiro lp dobre da súa carreira ("August By Cake"), e parece que os formatos sinxelos xa se lle quedan pequenos. 
A finais de ano lanzou dous eps no bandcamp ("100 Dougs" e "Wine Cork Stonehenge") polo momento só en formato dixital, con 12 temas que ven poderían compoñer outro álbum, pero Pollard é así... sempre ten material de máis para publicar, e xa anuncia as dúas seguintes entregas. 
Polo momento comeza o ano con outro lp dobre, este "Zeppelin over China" son 32 temas. Só nos 8 cortes da cara A xa temos un resumo de casi tódolos seus rexistros, dende o power pop, o punk e a psychodelia -á súa maneira-, todo mesturado sen ningún tipo de complexo: 'Good morning Sir', 'Step of the Wave', ou a fantástica 'Carapace'. Na caras B e C segue un esquema similar pero basado no pop e nas melodías, incrementando as guitarras dende o dominio das acústicas de 'Jack Tell' e 'Bellicose Starling' ata a densidade de 'Think Be a Man' ou 'Jam Warsong'. E na última cara contrastan as enerxicas 'Where have you been all my life' ou 'Transpiring Anathema', coa nostalxia de 'My future in Barcelona' ou os arranxos de corda e piano en 'Enough is never at the End' ou 'Vertiginous Rafts'. 
Non o intentedes dunha soa sentada que pode resultar esgotador, pero coma sempre máis que recomendable.

GUIDED BY VOICES "Zeppelin over China"
(GbV Inc., 2019)



No hay comentarios: