Outro show mítico que recuperamos esta semana.
Unha das bizarradas máis grandes que se teñen perpetrado no mundo do rock'n'roll foi o concerto dos Cramps no hospital mental de Napa, California.
Se o show de Johnny Cash no cárcere de Folsom foi un deses eventos que quedaron para a historia, o delirio psychobilly dos Cramps tiñan que ir moito máis aló, aínda que o propio Lux Interior declarou anos máis tarde que a experiencia non foi nada fácil. O 13 de xuño de 1978, The Cramps se plantaron no salón do psiquiátrico de Napa, cos internos sen ningún tipo de control, e ao parecer non moi ben atendidos. Para ben ou para mal, todo foi recollido por Joe Rees, e o resultado foi un dos shows máis inesquecibles da historia. Foi lanzado por Target Video en VHS en 1984, e con certa restauración en DVD no 2004.
Documento de visión obrigatoria donde os haxa.
Set list:
- Mystery Plane
- Way I Walk
- What's Behind The Mask
- Human Fly
- Domino
- Love Me
- Twist & Shout
- TV Set
No hay comentarios:
Publicar un comentario