miércoles, 20 de febrero de 2019

Pavement "Crooked Rain, Crooked Rain"

Hoxe imos a recomendarvos un clasicazo das nosas vidas.
Os Pavement son un dos nosos referentes de sempre, unha banda clave da explosión alternativa dos 90s e da nosa adolescencia. En 1992 debutaron con "Slanted & Enchanted" un disco de pop ruidoso que segue a ser un imprescindible en calqueira colección que se precie. Segue gañando con cada escoita e con cada ano que pasa, igual que ocurre co "Crooked Rain, Crooked Rain" que vos recomendamos hoxe.
En 1994 tiñan a difícil reválida do segundo disco, unido a cambios na formación sobre a marcha. Pero Malkmus e Kannberg tiñan claro o que querían, un álbum máis luminoso e limpo, pero mantendo esas estructuras complexas, melodías que seguían a ser novedosas, e eses cambios de ritmo e intensidade que tan ben executaban. En resumen, "Crooked Rain, Crooked Rain" era máis emocional e menos visceral.
Ahí estaban 'Elevate me later', o descontrol de 'Unfair', a fantástica 'Gold Soundz', a tremenda 'Hit the Plane Down', e o éxitazo de 'Cut your hair', o máis preto que estiveron de ter un superéxito comercial.
Logo chegou o experimental "Wowee Zowee", e o éxito de "Brighten the Corners" e "Terror Twilight" antes de rematar a década, nos que volvían unha e outra vez as melodías de Crooked Rain.
25 anos desta xoia dos 90s. Un imprescindible.

PAVEMENT "Crooked Rain, Crooked Rain"
(Matador Recs., 1994)





No hay comentarios: