10 anos sen Lux Interior.
Así que, se hoxe temos que recomendar algún álbum, ten que ser dos Cramps.
Por non repetir ningún dos que xa teñen aparecido neste blog, imos co "Stay Sick", de febreiro de 1990.
Foi o seu cuarto álbum, o último no que participou o baterista Nick Knox, e tamén o único que grabou Candy del Mar como baixista durante os seus anos na banda.
Coma moitos dos seus álbumes, a portada era impactante, pero neste caso máis. De feito algún despistado só recordará este álbum pola portada e non polos temas. Pero este foi un dos seus álbum máis salientables, con 12 temas entre os que estaban os impresionantes 'God damn rock'n'roll', 'Journey to the center of a Girl', o acid blues de 'Everything Goes', a divertida 'Mama Oo Pow Pow', e a inesquceible 'Bikini Girls with machine guns'.

Ademáis incluían catro versións: 'Bop Pills' de Macy Skipper que abría o disco, o macabro 'Mule Skinner Blues' sobre o clásico country de Jimmie Rodgers, e os arranxos sobre o tema tradicional 'Shortnin' Bread' para un final de álbum delirante.
Un imprescindible, coma todo o que fixeron estes xenios.
THE CRAMPS "Stay Sick!"
(Enigma Records, 1990)
No hay comentarios:
Publicar un comentario