jueves, 21 de febrero de 2019

Rob "Funky Rob Way"

Noutras ocasións temos recomendado música de Ghana, sobre todo esos máxicos recopilatorios de "Ghana Soundz" publicados por Soundway Records.
Pero xa ía sendo hora de recuperar algún deses incríbles álbumes orixinais.
Hoxe imos con Rob Raindorf, un deses xenios africanos que na década dos 70s estiveron na vangarda musical sen que no primeiro mundo se enterese demasiada xente ata moito tempo despois.
A figura de Rob é unha das más sonadas das música ghanesa, aínda que dende moi novo foi membro da afamada Orchestre Poly Rythmo de Cotonou, en Benín.
Influenciado polo rhythm'n'blues e o funk norteamericano, o afrobeat de Fela Kuti e os rítmos vodun da súa terra, foi un dos máis salientables creadores do funk africano. A súa carreira como frontman foi breve, entre  1977 e 1981, pero nese tempo deixou tres lps máis que salientables. O seu primeiro deles foi este "Funky Rob Way", lanzado en 1977. Destaca a enerxía de 'Funky Rob way', o afrobeat de 'Boogie On' e 'More', a experimentación blaxploitation de 'Just one more time', ou o blues pausado de 'Forgive us all'. 
Unha auténtica xoia do seu tempo. O álbum foi reeditado por primeira vez en Europa polo selo xermano Analog Africa en 2011. Agora, o selo londinense Mr. Bongo o recupera de novo, desta vez cos deseños orixinais.
Abaixo tedes o audio completo desta marabilla.

ROB "Funky Rob Way"
(Essiebons, 1977 / Mr Bongo, 2019)



No hay comentarios: