Recomendacións para esta semana.
Comezamos con algo máis experimental do habitual, os británicos Teeth of the Sea. Unha banda da que unha das súas señas de identidade é a de non repetirse demasiado, e sobre todo experimentar. Nos seus cinco discos anteriores exploraron as posibilidades de mesturar rock con todo, as texturas atomosféricas, o ruidismo puro, o jazz, a electrónica e as improvisacións post-rock, e en máis de 10 anos de carreira apenas repetiron fórmula.
"Wraith" é o seu sexto álbum, no que xogan co jazz e a electrónica, pero no que tódo-los elementos anteriores tamén teñen cabida, todo cohesionado nunha proposta de neo-psicodelia moi ben lograda. Lanzouse o venres pasado, e aínda non puidemos quitarnos da cabeza as hipnóticas 'Hiraeth', 'Burn of Shieling' ou 'Her Wraith'.
Non é fácil pero tentádeo.
Teeth Of The Sea "Wraith"
(Rocket Recordings, 2019)
No hay comentarios:
Publicar un comentario