"60's Funk Pop Ensemble" Non vo-lo perdades!!
viernes, 30 de octubre de 2015
Sábado: CHIS PUM!
E mañán sábado Chis Pum! será a protagonista dende a nosa cabina, a escollida para rematar coa programación de outubro por todo o alto.
"60's Funk Pop Ensemble" Non vo-lo perdades!!
"60's Funk Pop Ensemble" Non vo-lo perdades!!
jueves, 29 de octubre de 2015
The Buttshakers "Headaches And Heartaches"
E imos con outra recomendación, xa pensando no que soará na sesión do venres. Por suposto esta semana tiñamos que falar dos franceses The Buttshakers, que esta mesma noite están en directo en Compostela.
A comezos de ano xa vos recomendamos o seu último disco coma un dos mellores do 2014, (ver "Night Shift"), así que hoxe vos recomendamos o seu debut: "Headaches And Heartaches" do 2011, álbum co que diron un auténtico golpe na mesa na escea europea, e todo un pelotazo. Rock & Soul, de factura impecable e cheo de enerxía. Os cañonazos de 'You talk too much', 'I've been abused', 'Losin' It' ou 'Fallin' in Love' e a dozura de 'Take it slow' e 'Ain't that Good Woman', ata o impresionante final de 'You got me movin'. Quedaredes enganchados a escoitar unha e outra vez a voz de Ciara Thompson. Discazo!!
THE BUTTSHAKERS "Headaches And Heartaches"
(Back to Mono Records, 2011)
Grace Love & The True Loves
Unha das sensacións dos últimos meses na música negra está a ser Grace Love, dende un lugar tan pouco habitual neste xénero como Seattle, acompañada con The True Loves (que anos atrás eran a banda de acompañamento de Eli 'Peperboy' Reed, aínda que tamén teñen traballos como banda independente).
Despois de dous 7'' lanzados antes do verán ("Fire" en abril, e "Nobody Sweeter" en maio) esta semana chega o seu primeiro álbum, titulado sinxelamente como a banda "Grace Love & The True Loves", e ademáis de conter os catro temas incluídos nos singles anteriores, inclúe algún hit máis como 'Shake it out' ou 'Animal'. Unha base rhythm'n'blues impecable, delicada nos momentos máis soul, pero case sempre enfilada á ritmita e ó baile, e todo coa impresionante voz de Grace Love. Discazo!
GRACE LOVE & THE TRUE LOVES "Grace Love & The True Loves"
(We Coast Records, 2015)
miércoles, 28 de octubre de 2015
documental "The Invaders"
Xa que vos recomendamos o adianto da banda sonora do documental The Invaders, o lóxico é que o presentemos un pouco máis.
The Invaders foi un grupo de Memphis que loitaba polos dereitos civís dos negros e combatía activamente contra a supremacía branca.
Dende mediados dos 60s, en moitas cidades dos USA xurden grupos a imitación do Black Panther Party, que se vai consolidando por todo o país, pero outros grupos de menor entidade se organizan nas súas localidades por importantes diferencias ideolóxicas, coma os Vice Lords e os Blackstone Rangers en Chicago, ou os 1,000 Member Slauson Gang en Los Angeles, e a modo da nación do Black Power do BPP, organizaban unha rede asistencial para a súa comunidade, con garderías e comedores para os máis desfavorecidos.
En Memphis foron The Invaders, Os invasores, organizados realmente coma unha guerrilla urbana, un escuadrón preparado para defenderse, ou para atacar. No seu contexto nunha capital do sur con máis incidentes raciais que noutros puntos do país, a non-violencia non tiña ningún resultado, e iniciaron todo tipo de disturbios para impoñer a súa propia xustiza e a loita contra a supremacía branca.
En abril de 1968 Luther King visita Memphis para apoiar unha folga de basureiros negros, e durante a súa estancia se entrevista con numerosos grupos, líderes e asociacións locais. Os Invasores foron posiblemente dos últimos en velo con vida no seu hotel antes do seu asasinato. Os disturbios por todo o país non se fixeron esperar, centos de motíns raciais contra as autoridades, e por suposto Memphis foi un dos epicentros da protesta. Os Invasores encabezaron a revelión na cidade co resultado de varios mortos, e varios dos seus membros foron acusados polo asasinato de un policia.
Dende este punto de partida, o realizador Prichard Thomas Smith monta este documental, coa colaboración de JB Horrell, da Universidade de Memphis, a través do material audiovisual dos fondos da universidade e televisións (moito del inédito), e por suposto coas intervencións dos propios protagonistas (sobre todo é capital a aparición dun dos seus fundadores J.B. Smith) para ofrece-la súa versión dos feitos case que 50 anos despois.
Un documental financiado totalmente mediante crowfunding. A súa estrea será o próximo mes, e a súa comercialización está prevista para comezos do próximo ano.
Aquí tedes o trailer (ver na web de Prichard Thomas Smith).
The Invaders.
dir: Prichard Thomas Smith
USA. 2015 Pipeline Entertainment.
King Khan & Ian Svenonius "Hurtin' Class"
King Khan lanza habitualmente moito material novo ou descartes através do seu bandcamp. Desta vez se trata dun 7'' en colaboración co polifacético axitador Ian Svenonius (Nation of Ulysses , The Make-Up, Weird War, Chain & The Gang, etc...) para unha desas causas comprometidas tan necesarias. Presentan "Hurtin' Class", un tema a medias, en versión orixinal e coma instrumental na cara b, que serve de adianto á banda sonora do documental The Invaders (de Prichard Thomas Smith), sobre a organización do mesmo nome que nos anos 60s loitou máis activamente polos dereitos civís na cidade de Memphis, e os feitos que sucederon tralo asasinato de Martin Luther King nesa cidade.
A banda sonora do documental está producida polo propio King Khan e Jack Oblivian, así que a pinta non pode ser mellor!!
KING KHAN & IAN SVENONIUS "Hurtin' Class"
(Khannibalism / Ernest Jenning Record Co., 2015)
martes, 27 de octubre de 2015
The Field Guide to Daptone Records
Daptone Records converteuse en poucos anos no selo de referencia da nova oleada da música negra en moitas das súas variantes. Fundado en Brooklyn no 2001 por membros dos Sugarman 3 e dos que logo foron The Dap-Kings, souberon mesturar coma ninguén o revival de soul, funk e rhythm'n'blues, cos novos valores, ademáis de formacións de afrobeat e impresionantes fusións de funk e rock, pero sobre todo destacan por recuper a auténticos mitos que non tiveran a sorte que merecían con anterioridade. Ahí tedes ás banda mencionadas dos fundadores, a Sharon Jones, Lee Fields, Charles Bradley, Naomi Shelton, Saun & Starr, Antibalas Afrobeat Orchestra, The Budos Band ou Menahan Street Band entre outros moitos, e reedicións de xigantes coma The Impressions ou El Rego.
Agora, xusto cando lanzan o segundo recopilatorio de 7'' ("Daptone Gold Volume II"), publican o seu catálogo completo: THE FIELD GUIDE OF DAPTONE RECORDS con todo o editado ata o momento, dende os seus comezos no 2001 ata o seu último lanzamento do mes pasado, incluíndo tódo-los formatos e con tóda-las etiquetas das diferentes series. Perfecto para seguidores do xénero e completistas.
Homeland en jazz
Isto é vello, pero hoxe volvimos a velo pola rede e chamounos outra vez a atención. Trátase da recreación de deseños míticos de portadas de jazz dos 50s e 60s adaptados con motivos, porsoaxes e iconografía da serie Homeland.
O autor é o deseñador Ty Mattson, e o traballo é do 2013.
Podedes velas todas en gran formato na súa web Mattson Creative.
lunes, 26 de octubre de 2015
Mark Yarm "Todo el Mundo adora nuestra ciudad"
A semana pasada lanzouse a edición en castelán de "Todo el Mundo Adora a Nuestra Ciudad: una historia oral del Grunge", do xornalista Mark Yarm (nada que ver con Mark Arm dos Mudhoney). Un volume enorme de case 600 páxinas composto através de 250 entrevistas con tódo-los protagonistas: músicos, productores, representantes, executivos de selos discográficos, tamén de algún máis underground, directores de vídeo, fotógrafos, xornalistas, publicistas, deseñadores, propietarios de salas, roadies e algún que outro persoaxe popular da época, para construir o relato das orixes, auxe e apoxeo do movimento de Seattle, e por suposto, tamén a súa caída.
"Everybody Loves our Town" foi publicado orixinalmente no 2011, coa idea de que había xa suficiente distancia temporal para afrontar os feitos, e que se inspiraba directamente nas crónicas de Legs McNeil e Gillian McCain "Por favor, mátame: La historia oral del punk". Os precedentes do libro se remontan a 2006, ano no que se cumpría o 20º aniversario de Sup Pop Records, e Mark Yarm publicou unha extensa monografía na revista Blender, e que continuou aumentando durante anos con moitos máis testimonios ata chegar a este volume.
MARK YARM
"Todo el Mundo adora nuestra ciudad. Una historia oral del Grunge"
(Es Pop Ediciones, 2015)
Toda a info na web de Es Pop Ediciones:
En 1986, C/Z Records, una discográfica de Seattle, editó Deep Six, disco antológico con el que daba a conocer a media docena de grupos locales: Soundgarden, Green River, The Melvins, Malfunkshun, The U-Men y Skin Yard. Aunque vendió de pena, el disco hizo historia al documentar un incipiente sonido regional: esa áspera fusión entre heavy metal y punk rock que con el tiempo acabamos conociendo como grunge. Cinco años más tarde, con el éxito de “Smells Like Teen Spirit”, dicho término acabó extendiéndose por todo el mundo para convertir Seattle en la zona cero de la explosión de rock alternativo de los 90. Ésta es la crónica definitiva de cómo una escena musical y cultural independiente y en gran medida aislada acabó convirtiéndose en un fenómeno de alcance mundial.
Todo el mundo adora nuestra ciudad captura los antecedentes, auge y apogeo de la era grunge en las palabras de los músicos, productores, representantes, empresarios, directores de vídeo, fotógrafos, periodistas, publicistas, propietarios de salas, roadies, entusiastas y acólitos que de verdad la vivieron. El libro cuenta toda la historia: desde la fundación de los grupos que participaron en Deep Six hasta el éxito mundial de los cuatro grandes referentes del grunge (Nirvana, Pearl Jam, Soundgarden y Alice in Chains); desde los orígenes de la insolvente pero entusiasta discográfica independiente Sub Pop hasta el frenesí con el que las grandes multinacionales cayeron sobre el Noroeste de Estados Unidos dispuestas a exprimir la gallina de los huevos de oro; desde el sencillo placer de meter caña en fiestas privadas en sótanos y en diminutas salas de conciertos hasta las trágicas y solitarias muertes de Kurt Cobain y Layne Staley una vez convertidos en superestrellas.
Compuesto a partir de más de 250 nuevas entrevistas con miembros de Nirvana, Pearl Jam, Soundgarden, Mudhoney, Screaming Trees, Alice in Chains, The Melvins, Hole, Green River, Mother Love Bone, 7 Year Bitch, Temple of the Dog, Babes in Toyland, Mad Season, TAD, The U-Men, Skin Yard, L7, Supersuckers, The Gits y muchos más, Todo el mundo adora nuestra ciudad es un retrato conmovedor, divertido y revelador de una era musical extraordinaria.
este sábado CHIS PUM!
Este sábado rematamos a programación de outubro con Chis Pum! na cabina.
Sábado 31 de outubro: 60's Funk-Pop-Ensemble, Non vo-lo perdades!
domingo, 25 de octubre de 2015
Kratatz!
Fantástica a sesión de onte de Kratatz!, das máis divertidas que lembro en moito tempo, e sorprendente para algúns. Ewa & Iván, un pracer tervos de visita unha vez máis polo Rif-Rock! Ata a próxima...
viernes, 23 de octubre de 2015
este sábado: KRATATZ!
Mañán Sábado: Rockabilly Night!! con KRATATZ ós mandos, que deixa por unha noite aparcado o contrabaixo dos Breakin' Bones para encargarse da música do Rif-Rock dende a nosa cabina. Rockabilly, Psychobilly & Raw Punk!!
Rollo post-revolucionario pasado de voltas...
Non vo-lo perdades!!
Rollo post-revolucionario pasado de voltas...
Non vo-lo perdades!!
jueves, 22 de octubre de 2015
a próxima semana Black Grooves & Chis Pum!
A próxima semana rematamos o mes con dúas datas ben interesantes:
O Venres 30 outra entrega da serie Black Grooves!, e o Sábado 31 volve CHIS PUM! á cabina do Rif-Rock (60's-Funk-Pop Ensemble).
Non vo-lo perdades!!
Sonic Youth "Washing Machine"
E outro álbum máis que vos recomendamos esta semana.
Un clásico da nosa adolescencia. É o que tiñan Sonic Youth, que ano tras ano nos deixaban unha obra mestra tras doutra, con diferentes rexistros, con diferente impacto no seu momento, pero tamén con diferente repercusión co paso do tempo.
A finais de setembro cumpríanse 20 anos do lanzamento do "Washing Machine", un dos álbumes máis icónicos da banda, e que como habitualmente se cita, os reconfortou co underground, se eso era necesario.
Despois do boom do "Daydream Nation" de 1988, seguiron "Goo" (1990) e "Dirty" (1992), os dous maiores éxitos comerciais da banda, e tras deles diversos eps e varios recopilatorios sucesivos... e moitos incondicionais o tomaron coma concesións á industria igual que outras moitas bandas se deixaban influir polas compañías, aínda que o tempo amosou que musicalmente non facían máis que evolucionar e seguir marcando tendencia como cabeza dunha xeración.
En 1995 publicaron este "Washing Machine", un golpe na mesa no momento preciso. Volve a experimentación e fuxe de todo convencionalismo, o disco está baseado en estructuras complexas e atonais, e a distorsión das guitarras de Thurston Moore e Lee Ranaldo volve a niveis da década anterior, e aínda así segue a ter hits recoñecibles coma 'Becuz', 'Skip Tracer', ou 'Little Trouble Girl', que sorprendente foi o sinxelo escollido para a súa presentación, non que colaboraba Kim Deal nas voces. Por suposto se desquitaban con temas coma o propio 'Washing Machine', ou cos 19 minutos de 'The Diamond Sea', pero se teño que escoller, eu quédome con 'Junkie's Promise' e 'No Queen Blues'.
Un álbum mítico, unha autoreivindicación en toda regra, e coma contrapeso a un traballo nada comercial, unha das portadas máis famosas da década, ¿Quén non tivo esta camiseta???
SONIC YOUTH "Washing Machine"
(DGC-Geffen-Universal, 1990)
miércoles, 21 de octubre de 2015
Fuzz "Fuzz II"
Hoxe vos recomendamos un dos álbumes máis agardados da tempada.
A segunda entrega de Fuzz, outra das historias de Ty Segall, na súa cara máis contundente. Un power trio con Ty Segall na batería e voces, xunto con Charlie Moothart á guitarra e voces, e Chad Ubovich no baixo. Se o primeiro álbum do trío no 2013 ("Fuzz") xa fora posto polas nubes en tódo-los medios, e facer desfrutar coma enanos ós seus seguidores, de cara a segunda entrega as espectativas eran moi altas, pero vaia se cumpren!
"Fuzz II" é outra entrega de hard rock alucinado, inspirado directamente en bandas coma coma Blue Cheer, High Tide, Groundhogs ou os primeiros Black Sabbath. 14 temas para un álbum dobre, 'Time Collapse II/The 7th Terror', 'Rat Race' e 'Pollinate' son as presentacións desta auténtica animalada. Xa o podedes escoitar por moitas vías, pero mellor que vos fagades cun orixinal rápido. Impresionante outra vez!!
FUZZ "Fuzz II"
(In the Red Records, 2015)
martes, 20 de octubre de 2015
Avecrem "Una Chicha Loca"
Xa hai varias semanas que non vos recomendamos nada do GZ Canibal. Así que imos co último lanzamento de Discos Porno.
Un dúo de guitarra e batería, a cabalo entre Ourense e Cataluña, son Avecrem. Sacaron unha maqueta tamén con Discos Porno en xuño do ano pasado, e agora lanzan o seu álbum de debut. Letras disparatadas e pura improvisación, coma se os temas estiveran a medio facer, afirman que nunca soarán dúas veces igual, pero tal e como están recollidas neste "Una Chicha Loca" entran moitas gañas de velos en directo. Cortes coma 'Chayanne', 'Ganas Puras', 'Mira que te meto', 'Bosnia y Herzegovina', 'Gallego de Baltimore', ou 'Se nota que es fitness' son puro delirio a toda velocidade. Metédelle un repaso polo seu bandcamp.
AVECREM "Una Chicha Loca"
(Discos Porno, 2015)
"Cuando éramos los mejores" Magic & Bird
Aquí vai un libro obrigado.
Un repaso pola rivalidade e amizade das dúas maiores lendas do baloncesto mundial, Magic Johnson e Larry Bird en "Cuando éramos los mejores". Un libro da xornalista deportiva Jackie MacMullan, que repasa as súas traxectorias, dende as ligas universitarias ata a rivalidade na NBA durante toda a década de 1980, os seus estilos tan definidos e tan distintos, o espectáculo puro contra a sobriedade máis efectiva, o Dream Team, o distinto das súas retiradas, e a súa actividade posterior como entrenadores e empresarios. Todo fiado seguindo as conversas entre os propios protagonistas.
"When the game was ours" publicouse orixinalmente no 2009, un auténtico superventas que foise reeditando sucesivamente con pequenas ampliacións, e algúns lanzamentos audiovisuais. Agora chega en castelán da man da Editorial Contra.
Un clásico recente.
Un clásico recente.
Jackie MacMullan "Cuando éramos los mejores. Magic Johnson & Larry Bird"
(Editorial Contra, 2015)
Desde el instante en que Earvin «Magic» Johnson y Larry Bird saltaron a la pista como rivales, entablaron una batalla física y psicológica sin parangón. Con el verde de los Celtics estaba Larry Bird, un chaval de Indiana duro, exigente y perspicaz armado de un infalible tiro exterior. Vestido con el oro y púrpura de los Lakers estaba «Magic» Johnson, Mr. Showtime, el hombre espectáculo, una personalidad arrolladora que jugaba al baloncesto como los ángeles. Jóvenes y atrevidos, ambos ardían en deseos de ganar a toda costa.
Su inusual relación acabó siendo el símbolo de la rivalidad por excelencia de la NBA: Lakers contra Celtics, el Este contra el Oeste, el físico contra la sutileza, la vieja escuela contra el Showtime, incluso los negros contra los blancos. Cada uno empujó al otro hacia lo más alto, y juntos sumaron ocho campeonatos, seis premios MVP y contribuyeron a que una NBA en horas bajas se convirtiera en lo que es hoy en día. Al principio fueron acérrimos rivales, pero durante el trayecto acabaron fraguando una amistad imperecedera.
Con todo lujo de detalles, Cuando éramos los mejores nos transporta a una época inolvidable y revela por primera vez los entresijos de la carrera de dos jugadores cuya máxima aspiración era derrotar a su rival. Cuando éramos los mejores es, en definitiva, la crónica de la trayectoria de dos gigantes durante la época dorada del baloncesto profesional estadounidense.
lunes, 19 de octubre de 2015
Isi Vaamonde + Rubén Iglesias. O concerto
O sábado tocou nova cita coa música en directo, e foi o turno de todo un clásico da nosa vila: ISI VAAMONDE, que a pesar de ser un incondicional do local, xa había cinco anos do seu último concerto no Rif-Rock, así que neste outubro tocaba desquitarse.
Acompañado por Rubén Iglesias ó baixo e piano, e coa colaboración sorpresa de Óscar Campos tamén no baixo nun bo puñado de temas. Foi unha noite de repaso dos seus últimos álbumes "Unsportsmanlike World" do 2009 e do "Live in Heartland" do 2012, unhas cantas versións de Bowie, David Gray, e Depeche Mode (a medio camiño claro de Johnny Cash), ademáis de uns cantos dos novos temas que incluirá no seu novo álbum.
No Rif-Rock quedamos encantados de volver a telo en directo no local, moitísimas gracias ós tres polo show, e por suposto, a todos por vir. E non hai videos, estivérades ali!!
domingo, 18 de octubre de 2015
Isi Vaamonde, Rubén Iglesias & Óscar Campos
Encantados de volver a ter a Isi Vaamonde de novo no Rif-Rock!
Xa lle tocaba desquitarse 5 anos despois, xunto con Rubén Iglesias de todoterreo dándolle a todo, e coa colaboración de Óscar Campos como convidado sorpresa, para un bó repaso polos seus clásicos, e moitos dos seus temas novos.
Moitas gracias ós tres! e a todos por vir.
Moitas gracias ós tres! e a todos por vir.
Nos próximos días xa subiremos algo de material.
viernes, 16 de octubre de 2015
ISI VAAMONDE + RUBÉN IGLESIAS en concerto
Este sábado continuamos coa nosa programación.
Será a cita coa música en directo de outubro, con ISI VAAMONDE como protagonista, que volve ó Rif-Rock cinco anos despois, en formato acústico e acompañado por RUBÉN IGLESIAS. Mañán Sábado 17 de outubro dende as 23:45h.
Coma sempre con entrada libre.
Non vo-lo perdades!.
Sáb.24: KRATATZ!
Outra da grandes noites moi especiais deste mes de outubro será o sábado da próxima semana: Rockabilly Night!! con KRATATZ ós mandos, que deixa por unha noite aparcado o contrabaixo dos Breakin' Bones para encargarse da música do Rif-Rock dende a nosa cabina. Rockabilly, Psychobilly & Raw Punk!!
Rollo post-revolucionario pasado de voltas...
Sábado 24 de outubro. Non vo-lo perdades!!
Outubro 2015
Esta fin de semana retomamos a programación do Rif-Rock de outubro2015, cun final de mes que chega ben cargado de datas interesantes, comezando pola música en directo este mesmo sábado:
· Sábado 17: ISI VAAMONDE + RUBÉN IGLESIAS en directo (23:45h.)
· Sábado 24: KRATATZ!: Rockabilly Night!
(Sounds from the Vaults: Rockabilly,Psychobilly & Raw Punk)
· Venres 30: Fuck'U whiteys... Black Grooves!
· Sábado 31: CHISPUM! (60's-funk-pop ensemble)
Non vo-lo perdades!
jueves, 15 de octubre de 2015
[Revival Rif-Rock] ISI VAAMONDE BAND no 2010
Esta semana pensamos en lanzar outra entrada de Revival Rif-Rock, e buscando entre arquivos perdidos atopamos a gravación do último concerto de Isi no local.
Así soaba a ISI VAAMONDE BAND na súa última visita ó Rif-Rock no 2010, hai xa cinco anos!! Foi o 19 de xuño do 2010, e naquela ocasión veu en formato trío, xunto cos seus inseparables Edu Pulpillo ó baixo e Wolker Ledwig á batería.
Non sei por qué non subimos aquel concerto á rede, un día destes teremos que facelo, pero ahí vai unha de revival: a súa cover do "I won't back down" de Tom Petty.
E este sábado, con moitos dos seus novos temas de novo en directo.
Non vo-lo perdades.
Arctic Monkeys "I Bet You Look Good on the Dancefloor"
Onte cumpríanse dez anos do single dos Arctic Monkeys con Domino Records, que adiantaba o seu álbum de debut, e co que acadaron o seu primeiro numero#1.
Aqueles meses foron vertixinosos para a banda. A comezos de ano lanzaban o "Five minutes with The Arctic Monkeys EP", unha edición autoeditada, para o que crearon o seu propio selo Bang Bang Records, contiña os temas 'Fake Tales of San Francisco' e 'From the Ritz to the Rubble', por suposto en tirada limitadísima. Inmediatamente chegou o contrato con Domino Records, e uns meses despois lanzaban o single "I Bet You Look Good on the Dancefloor", que engadía os temas 'Bigger Boys and Stolen Sweethearts' e a instrumental 'Chun Li's Spinning Bird Kick'.
Foi o primeiro single lanzado pola banda xa con Domino Records, e colocouse directamente no número un das listas de ventas de sinxelos no Reino Unido, e só era o adianto do seu álbum de debut "Whatever People Say I Am, That's What I'm Not" que se publicaría uns meses despois, a comezos do 2006.
Dende ahí xa todo se descontrolou.
ARCTIC MONKEYS "I Bet You Look Good on the Dancefloor"
(Domino Records, 2005)
miércoles, 14 de octubre de 2015
Art Blakey "Soul!"
Imos comezar o día con un pouco de jazz.
Esta semana cúmprense 25 anos da morte de Art Blakey, sen dúbida algunha o baterista máis importante e influínte do jazz moderno, que estivo en tóda-las épocas dende a revolución do bebop a comezos dos 40s, ata o hardbop e o funk.
Como frontman dos Jazz Messengers gravou álbumes inesquecibles, pero o que vos recomendamos hoxe, é un directo co que nos fixemos recentemente.
Trátase do álbum "Soul!" que recolle sete temas dos directos dos Jazz Messengers a finais de 1958 no mítico teatro Olympia de Paris, dos concertos do 22 de novembro e do 17 de decembro, cun quinteto composto por Art Blakey, un xovencísimo Lee Morgan na trompeta, Benny Golson no saxo tenor, Bobby Timmons ó piano e Jymie Merritt ó contrabixo. A selección incluía sete temas daquelas dúas noites: na cara A coa excelente 'Moanin' composta por Timmons e que daba título o seu álbum dese mesmo ano, 'Justice [aka Evidence]' da súa colaboración recente con Thelonious Monk e que abre co tremendo solo de Blakey, e 'I Remember Clifford' do propio Golson; e na cara B catro dos grandes temas compostos de novo por Golson, 'Just by Myself', 'Blues March', Whisper Not' e 'Are you Real'. Diferentes temas destes directos foron lanzados orixinalmente como "Olympia Concert" xa en 1959, ou anos despois como "Paris Olympia", pero esta selección de temas definitiva non veu a luz ata 1965, lanzado como sinxelamente como "Soul!". Un clasicazo do mellor hard bop e co mestre Blakey a baquetazo limpio.
ART BLAKEY "Soul! (Live at L'Olympia Paris 1958)"
(Fontana, 1965)
martes, 13 de octubre de 2015
The Wands "The Dawn"
O primeiro álbum que vos recomendamos esta semana é unha desas cousas que nos quedaron atrás do ano pasado.
The Wands son un dúo de Copenhage, que lanzaron o seu debut en lp o novembro pasado, logo de un ep en 10'' no 2012 ("Hello I Know The Blow You Grow Is Magic EP" con cinco temas), o seu son ten un ollo posto na melancolía dos Brian Jonestown Massacre e o outro nas raices na psychodelia california máis luminosa de finais dos 60s (incluídos un par de momentos que son The Doors total), aínda que con moitos máis elementos engadidos que poden soar a outras moitas cousas das bandas actuais de revival. A pesares de que lanzaron coma single de presentación o tema que título ó álbum ('The Dawn' con 'Totem' na cara b) o auténtico pelotazo é o tema que abre o disco, 'Sound of the Machine', ou o blues máis ácido coma 'She's Electric'.
Moi interesantes.
Moi interesantes.
THE WANDS "The Dawn"
(Fuzz Club Records, 2014)
Nacho Carretero "Fariña"
Un dos pelotazos da tempada. Xa vos recomendamos este libro a semana pasada a través do facebook, e o xoves pasado ó fin nos fixemos con el. Así que repetimos a recomendación tamén por aquí.
Trátase de "Fariña" de Nacho Carretero, que leva por subtitulo Historia e indiscrecciones del narcotráfico en Galicia, no que trata o fenómeno dun xeito moito máis riguroso que en calqueira publicación anterior, e ademáis dun modo moi ameno e directo, dende a súa orixe, a transición durante os anos do tabaco, e ata os nosos días, ata comezos deste mesmo ano. Con todas esas anécdotas que nunca foron suficientemente contadas, e declaracións dos propios protagonistas, condeados ou arrepentidos, periodistas, xuíces, policías e nais das organizacións antidroga, ademáis de introducir transversalmente un minucioso análise do fenómeno e das súas consecuencias económicas e sociais.
Toda a info na web de Libros del K.O.
NACHO CARRETERO
"Fariña. Historia e indiscrecciones del narcotráfico en Galicia"
(Libros del K.O., 2015)
lunes, 12 de octubre de 2015
domingo, 11 de octubre de 2015
sábado, 10 de octubre de 2015
Sáb.17: ISI VAAMONDE + RUBÉN IGLESIAS en directo
O próximo sábado continuamos coa nosa programación, e será a cita coa música en directo de outubro, que terá como protagonista a ISI VAAMONDE, que volve ó Rif-Rock cinco anos despois, en formato acústico e acompañado por RUBÉN IGLESIAS. Será o sábado 17 de outubro dende as 23:45h.
Non vo-lo perdades!.
viernes, 9 de octubre de 2015
programación Outubro2015
Para esta fin de semana de ponte preferimos non incluir nada especial na programación do Rif-Rock, así que abriremos con total normalidade venres e sábado. Pero non vos perdades todo o que queda para segunda quincena do mes, que ben moi cargada:
· Sábado 17: ISI VAAMONDE + RUBÉN IGLESIAS en directo (23:45h.)
· Sábado 24: KRATATZ!: Rockabilly Night!
(Sounds from the Vaults: Rockabilly,Psychobilly & Raw Punk)
· Venres 30: Fuck'U whiteys... Black Grooves!
· Sábado 31: CHISPUM! (60's-funk-pop ensemble)
Non vo-lo perdades!
The Brian Jonestown Masacre 'Pish'
Os seguidores de Anton Newcombe estamos de noraboa con ritmo de edicións que leva nos últimos anos. Ademáis dos últimos lp e eps con The Brian Jonestown Massacre (aínda que o último é un divertimento de outro nivel), proxectos paralelos coma o compartido recentemente con Tess Parks, ou bandas ás que produce e lanza a través do seu selo A Recordings.
Esta semana presentounos o tema 'Pish', como adianto do novo traballo dos Brian Jonestown Massacre, o mini álbum "Thingy Wingy", que nos publican en dúas edicións, vinilo sinxelo de 12'', e outra edición nun dobre 10'', que entre os seus sete temas incluirá un tema cantado en eslovaco, outro no que aparece de novo con Tess Parks, e unha versión do 'Dust' dos 13th Floor Elevators.
O video clip deste 'Pish' está realizado por Browzan & Jerome Monnot a modo de curtametraxe coa actuación de Hinako Matsumoto no papel principal.
Para o álbum teremos que esperar ata o 13 de novembro. Xa nos tarda!!
jueves, 8 de octubre de 2015
Up Against the Wall Motherfuckers! o documental
Despois de recomendarvos a reedición ampliada do libro sobre os Motherfuckers! na entrada anterior, aquí tedes o documental Up Against the Wall Motherfuckers!, froito da visita do membro dos Motherfuckers Ben Morea a Madrid nun acto organizado por La Felguera Editores. Con moito materiral audiovisual e as conversas con Morea da actividade do grupo e sobre todo en torno á publicación Black Mask surxe este documental de 35 minutos que non ten desperdicio.
"Up Against the Wall Motherfuckers!"Dir: Marcos Flórez, Samuel M. Delgado e José Luis Maire.
España, 2013.
"MOTHERFUCKERS!. De los veranos del amor al amor armado"
La Felguera lanza unha edición ampliada o seu mítico volume sobre os Motherfuckers!, que publicara orixinalmente alá polo 2009.
Os Motherfuckers foron un dos movimentos que resistiron como auténtica contracultura unha vez que as proclamas revolucionarios típicas dos anos 60s foron asimiladas polo sistema. O flower power e o movimento hippie remataron por convertirse en negocio, e surxiron movimentos coma o Black Panther Party, os Yippies, os Weatherman ou os Motherfuckers, constituídos como movimentos politizados, e cun alto nivel de acción social.
O grupo Up Against the Wall Motherfuckers!, ou sinxelamente Motherfuckers! formáronse en New York, no Lower East Side de Manhattan, foi un grupo activista político, artístico e anarquista, unha auténtica banda callexeira que proclamaba una revolución total da sociedade e as institucións.
Atoparedes un breve resume de Jaime Quinto no seu blog The Misfit.
Entre 1966 e 1968 publicaron publicaron ata dez número dunha revista-panfleto: Black Mask, dirixida por Ben Morea, un auténtico continente de tóda-las súas proclamas, puro dadaísmo, anarquismo militante e xustificación da actividade armada. Ademáis protagonizaron numerosos episodios na rúa de protestas contra todo tipo de institucións políticas, financieiras, museos e universidades, pero tamén é moi citado o incidente cos MC5 (Kick out the Jams!...).
Esta nova edición é unha ampliación da anterior, cos ensaios e entrevistas da orixinal, e engadindo a entrevista con Ben Morea un dos seus fundadores, os dez números completos da publicación Black Mask, e os seus panfletos e manifestos. Un dos grupos máis radicais da contracultura. Un libro imprescindible!.
V.A. "MOTHERFUCKERS. De los veranos del amor al amor armado"
(La Felguera Editores, 1ª edición 2009, edición ampliada 2015)
E ademaís aquí vos deixo o trailer do documental Up Against the Wall Motherfuckers! realizado por Marcos Flórez, Samuel M. Delgado e José Luis Maire
AVANCE from MOTHERFUCKERS! on Vimeo.
miércoles, 7 de octubre de 2015
The Bevis Frond "Example 22"
Hoxe imos con outra das miñas debilidades.
Hai un par de semanas nos lamentábamos por perdernos a última visita de Nick Saloman cos seus The Bevis Frond que tivemos a tiro. A boa nova é que cando este home sae de casa sempre vai con novo disco debaixo de brazo. E aquí está "Example 22", que como o seu título indica fai o número 22 dos seus álbumes con novo material de estudio, dun total que supera as 40 edicións. E ademáis encantados que retomara o seu ritmo habitual de publicar anualmente, logo daquel longo parón de sete anos entre o "Hit Squad" do 2004 e o "The Leaving of London" do 2011.
Nesta nova entrega o propio Nick Saloman se encarga de guitarras co seu inseparable wah-wah, teclados e voces, acompañado polos habituais dos últimos anos Paul Simmons con máis guitarras, Ade Shaw no baixo, e Daver Pearce asentado na batería xa dende o anterior traballo, ademáis de un par de aparicións do guitarrista Bari Watts, tamén ex-membro da banda.
O resultado este "Example 22", outro discazo enorme de Bevis Frond, 16 temas en dobre vinilo, cheos de psicodelia, space-rock e folk alucinado, influenciado por tantas boas cousas que sempre gusta, con esas melodías power-pop perfectas, dende o comezo de 'Are We Nearly There Yet?' cos seus oito minutos nos que case resume tódo-los seus xiros habituais, os cañonazos de rigor coma 'Waiting for Sinatra', 'Hor Sauce or Nothing' ou 'Winter Breaks', ou as atronadoras 'I blame the Rain' e 'Second Son' fronte as acústicas 'Longships' e 'Come with us', ou a hipnótica 'Pale Blue Blood' e así ata o final con 'Well?'. Sempre con tempo dabondo para meter tódo-los estilos posibles do seu rexistro.
Outro imprescindible para a colección! E o mellor é que Saloman anuncia que solo son alguns dos seus novos temas, así que pronto, máis...
THE BEVIS FROND "Example 22"
(Woronzow, 2015)
Podedes escoita-lo álbum completo aquí:
martes, 6 de octubre de 2015
Ricked Wicky "King Heavy Metal" & "Swimmer To A Liquid Armchair"
E se antes do verán Robert Pollard lanzaba o seu 20º álbum en solitario, entre xullo e a semana pasada xa lanzou tamén dúas entregas do seu último enxendro: Ricked Wicky, co que debutou a comezos de ano. Así que neste 2015 xa lanzou tres álbumes desta nova banda, e xa veremos se cae algún máis, por que para o próximo mes xa anuncia novo traballo cos Circus Devils... veremos.
En febreiro deste 2015 Pollard lanzaba o álbum de debut dos RICKED WICKY, logo de varios 7'' de adianto ("I Sell the Circus" como se fose a liquidar ós Circus Devils, pero xa vemos que non...) e logo do "Faulty Superheroes", en xullo chegou nova entrega de Ricked Wicky, leva por título "King Heavy Metal". Son outros 12 temas da nova marca, que pensabamos que sería ou ben a sustituta temporal dos GbV donde volcar a maioría da súa creación, ou que incluso parecía destinada a seguir unha liña máis pop, pero nesta entrega segue a súa liña habitual, e ata inclúe temas acústicos, e incluso dous cortes de máis de cinco minutos, o cal sí que é novidade, e pezas cunha rítmica moi especial e moito máis elaborada do que nos ten acostumado. Sona coma sempre pero nesta ocasión con bastantes variacións que melloran a receita habitual. Basta comparar o standard de 'Jargon of Clones', con 'Come into my Wig Shop', 'Too Strong fo no one to see you', 'Oglling Blarest' ou 'I'll Let You In', cinco estilos ben distintos que non é habitual que inclúa nun mesmo álbum. Fantástico!
RICKED WICKY "King Heavy Metal"
(Guided by Voices Inc., 2015)
E a semana pasada Robert Pollard lanzaba este recente "Swimmer to a Liquid Armchair" con Ricked Wicky. Outros 12 temas xa cunha liña moito máis homoxénea, incluso semellando os vellos tempos dos Guide by Voices coa maquinaria ben engrasada, moito power pop pasado de voltas con toda a liberdade que sempre busca. Temas brillantes coma o single 'Poor Substitute', 'Red Legged Pygmalion', 'No Man Would Develop' ou 'Plastic Oceanic Getaway' son un bo exemplo. Discazo, e van dous, e ben distintos nun par de meses. Impresionante.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)