jueves, 15 de octubre de 2015

Arctic Monkeys "I Bet You Look Good on the Dancefloor"

Onte cumpríanse dez anos do single dos Arctic Monkeys con Domino Records, que adiantaba o seu álbum de debut, e co que acadaron o seu primeiro numero#1.
Aqueles meses foron vertixinosos para a banda. A comezos de ano lanzaban o "Five minutes with The Arctic Monkeys EP", unha edición autoeditada, para o que crearon o seu propio selo Bang Bang Records, contiña os temas 'Fake Tales of San Francisco' e 'From the Ritz to the Rubble', por suposto en tirada limitadísima. Inmediatamente chegou o contrato con Domino Records, e uns meses despois lanzaban o single "I Bet You Look Good on the Dancefloor", que engadía os temas 'Bigger Boys and Stolen Sweethearts' e a instrumental 'Chun Li's Spinning Bird Kick'. 
Foi o primeiro single lanzado pola banda xa con Domino Records, e colocouse directamente no número un das listas de ventas de sinxelos no Reino Unido, e só era o adianto do seu álbum de debut "Whatever People Say I Am, That's What I'm Not" que se publicaría uns meses despois, a comezos do 2006. 
Dende ahí xa todo se descontrolou.

ARCTIC MONKEYS "I Bet You Look Good on the Dancefloor"
(Domino Records, 2005)



No hay comentarios: