martes, 27 de octubre de 2015

The Field Guide to Daptone Records



Daptone Records converteuse en poucos anos no selo de referencia da nova oleada da música negra en moitas das súas variantes. Fundado en Brooklyn no 2001 por membros dos Sugarman 3 e dos que logo foron The Dap-Kings, souberon mesturar coma ninguén o revival de soul, funk e rhythm'n'blues, cos novos valores, ademáis de formacións de afrobeat e impresionantes fusións de funk e rock, pero sobre todo destacan por recuper a auténticos mitos que non tiveran a sorte que merecían con anterioridade. Ahí tedes ás banda mencionadas dos fundadores, a Sharon Jones, Lee Fields, Charles Bradley, Naomi Shelton, Saun & Starr, Antibalas Afrobeat Orchestra, The Budos Band ou Menahan Street Band entre outros moitos, e reedicións de xigantes coma The Impressions ou El Rego.
Agora, xusto cando lanzan o segundo recopilatorio de 7'' ("Daptone Gold Volume II"), publican o seu catálogo completo: THE FIELD GUIDE OF DAPTONE RECORDS con todo o editado ata o momento, dende os seus comezos no 2001 ata o seu último lanzamento do mes pasado, incluíndo tódo-los formatos e con tóda-las etiquetas das diferentes series. Perfecto para seguidores do xénero e completistas.



No hay comentarios: