jueves, 22 de octubre de 2015

Sonic Youth "Washing Machine"

E outro álbum máis que vos recomendamos esta semana. 
Un clásico da nosa adolescencia. É o que tiñan Sonic Youth, que ano tras ano nos deixaban unha obra mestra tras doutra, con diferentes rexistros, con diferente impacto no seu momento, pero tamén con diferente repercusión co paso do tempo.
A finais de setembro cumpríanse 20 anos do lanzamento do "Washing Machine", un dos álbumes máis icónicos da banda, e que como habitualmente se cita, os reconfortou co underground, se eso era necesario.
Despois do boom do "Daydream Nation" de 1988, seguiron "Goo" (1990) e "Dirty" (1992), os dous maiores éxitos comerciais da banda, e tras deles diversos eps e varios recopilatorios sucesivos... e moitos incondicionais o tomaron coma concesións á industria igual que outras moitas bandas se deixaban influir polas compañías, aínda que o tempo amosou que musicalmente non facían máis que evolucionar e seguir marcando tendencia como cabeza dunha xeración.
En 1995 publicaron este "Washing Machine", un golpe na mesa no momento preciso. Volve a experimentación e fuxe de todo convencionalismo, o disco está baseado en estructuras complexas e atonais, e a distorsión das guitarras de Thurston Moore e Lee Ranaldo volve a niveis da década anterior, e aínda así segue a ter hits recoñecibles coma 'Becuz', 'Skip Tracer', ou 'Little Trouble Girl', que sorprendente foi o sinxelo escollido para a súa presentación, non que colaboraba Kim Deal nas voces. Por suposto se desquitaban con temas coma o propio 'Washing Machine', ou cos 19 minutos de 'The Diamond Sea', pero se teño que escoller, eu quédome con 'Junkie's Promise' e 'No Queen Blues'. 
Un álbum mítico, unha autoreivindicación en toda regra, e coma contrapeso a un traballo nada comercial, unha das portadas máis famosas da década, ¿Quén non tivo esta camiseta???

SONIC YOUTH "Washing Machine"
(DGC-Geffen-Universal, 1990)



No hay comentarios: