Xa hai varias semanas que non vos recomendamos nada do GZ Canibal. Así que imos co último lanzamento de Discos Porno.
Un dúo de guitarra e batería, a cabalo entre Ourense e Cataluña, son Avecrem. Sacaron unha maqueta tamén con Discos Porno en xuño do ano pasado, e agora lanzan o seu álbum de debut. Letras disparatadas e pura improvisación, coma se os temas estiveran a medio facer, afirman que nunca soarán dúas veces igual, pero tal e como están recollidas neste "Una Chicha Loca" entran moitas gañas de velos en directo. Cortes coma 'Chayanne', 'Ganas Puras', 'Mira que te meto', 'Bosnia y Herzegovina', 'Gallego de Baltimore', ou 'Se nota que es fitness' son puro delirio a toda velocidade. Metédelle un repaso polo seu bandcamp.
AVECREM "Una Chicha Loca"
(Discos Porno, 2015)
No hay comentarios:
Publicar un comentario