miércoles, 7 de octubre de 2015

The Bevis Frond "Example 22"

Hoxe imos con outra das miñas debilidades.
Hai un par de semanas nos lamentábamos por perdernos a última visita de Nick Saloman cos seus The Bevis Frond que tivemos a tiro. A boa nova é que cando este home sae de casa sempre vai con novo disco debaixo de brazo. E aquí está "Example 22", que como o seu título indica fai o número 22 dos seus álbumes con novo material de estudio, dun total que supera as 40 edicións. E ademáis encantados que retomara o seu ritmo habitual de publicar anualmente, logo daquel longo parón de sete anos entre o "Hit Squad" do 2004 e o "The Leaving of London" do 2011.
Nesta nova entrega o propio Nick Saloman se encarga de guitarras co seu inseparable wah-wah, teclados e voces, acompañado polos habituais dos últimos anos Paul Simmons con máis guitarras, Ade Shaw no baixo, e Daver Pearce asentado na batería xa dende o anterior traballo, ademáis de un par de aparicións do guitarrista Bari Watts, tamén ex-membro da banda. 
O resultado este "Example 22", outro discazo enorme de Bevis Frond, 16 temas en dobre vinilo, cheos de psicodelia, space-rock e folk alucinado, influenciado por tantas boas cousas que sempre gusta, con esas melodías power-pop perfectas, dende o comezo de 'Are We Nearly There Yet?' cos seus oito minutos nos que case resume tódo-los seus xiros habituais, os cañonazos de rigor coma 'Waiting for Sinatra', 'Hor Sauce or Nothing' ou 'Winter Breaks', ou as atronadoras 'I blame the Rain' e 'Second Son' fronte as acústicas 'Longships' e 'Come with us', ou a hipnótica 'Pale Blue Blood' e así ata o final con 'Well?'. Sempre con tempo dabondo para meter tódo-los estilos posibles do seu rexistro.
Outro imprescindible para a colección! E o mellor é que Saloman anuncia que solo son alguns dos seus novos temas, así que pronto, máis...

THE BEVIS FROND "Example 22"
(Woronzow, 2015)


Podedes escoita-lo álbum completo aquí:



No hay comentarios: