Unha das sensacións dos últimos meses na música negra está a ser Grace Love, dende un lugar tan pouco habitual neste xénero como Seattle, acompañada con The True Loves (que anos atrás eran a banda de acompañamento de Eli 'Peperboy' Reed, aínda que tamén teñen traballos como banda independente).
Despois de dous 7'' lanzados antes do verán ("Fire" en abril, e "Nobody Sweeter" en maio) esta semana chega o seu primeiro álbum, titulado sinxelamente como a banda "Grace Love & The True Loves", e ademáis de conter os catro temas incluídos nos singles anteriores, inclúe algún hit máis como 'Shake it out' ou 'Animal'. Unha base rhythm'n'blues impecable, delicada nos momentos máis soul, pero case sempre enfilada á ritmita e ó baile, e todo coa impresionante voz de Grace Love. Discazo!
GRACE LOVE & THE TRUE LOVES "Grace Love & The True Loves"
(We Coast Records, 2015)
No hay comentarios:
Publicar un comentario