martes, 6 de octubre de 2015

Ricked Wicky "King Heavy Metal" & "Swimmer To A Liquid Armchair"

E se antes do verán Robert Pollard lanzaba o seu 20º álbum en solitario, entre xullo e a semana pasada xa lanzou tamén dúas entregas do seu último enxendro: Ricked Wicky, co que debutou a comezos de ano. Así que neste 2015 xa lanzou tres álbumes desta nova banda, e xa veremos se cae algún máis, por que para o próximo mes xa anuncia novo traballo cos Circus Devils... veremos.

En febreiro deste 2015 Pollard lanzaba o álbum de debut dos RICKED WICKY, logo de varios 7'' de adianto ("I Sell the Circus" como se fose a liquidar ós Circus Devils, pero xa vemos que non...) e logo do "Faulty Superheroes", en xullo chegou nova entrega de Ricked Wicky, leva por título "King Heavy Metal". Son outros 12 temas da nova marca, que pensabamos que sería ou ben a sustituta temporal dos GbV donde volcar a maioría da súa creación, ou que incluso parecía destinada a seguir unha liña máis pop, pero nesta entrega segue a súa liña habitual, e ata inclúe temas acústicos, e incluso dous cortes de máis de cinco minutos, o cal sí que é novidade, e pezas cunha rítmica moi especial e moito máis elaborada do que nos ten acostumado. Sona coma sempre pero nesta ocasión con bastantes variacións que melloran a receita habitual. Basta comparar o standard de 'Jargon of Clones', con 'Come into my Wig Shop', 'Too Strong fo no one to see you', 'Oglling Blarest' ou 'I'll Let You In', cinco estilos ben distintos que non é habitual que inclúa nun mesmo álbum. Fantástico!

RICKED WICKY "King Heavy Metal"
(Guided by Voices Inc., 2015)






E a semana pasada Robert Pollard lanzaba este recente "Swimmer to a Liquid Armchair" con Ricked Wicky. Outros 12 temas xa cunha liña moito máis homoxénea, incluso semellando os vellos tempos dos Guide by Voices coa maquinaria ben engrasada, moito power pop pasado de voltas con toda a liberdade que sempre busca. Temas brillantes coma o single 'Poor Substitute', 'Red Legged Pygmalion', 'No Man Would Develop' ou 'Plastic Oceanic Getaway' son un bo exemplo. Discazo, e van dous, e ben distintos nun par de meses. Impresionante.

RICKED WICKY "Swimmer To A Liquid Armchair"
(Guided by Voices Inc., 2015)





No hay comentarios: