E ademáis do filme Miles Ahead que comentamos na entrada anterior, xa podemos desfrutar da banda sonora. Inclúe pezas de Miles Davis que van dende os anos 50s ata os primeiros 80s, catro composicións de Robert Glasper, o último ('Gone 2015') co rapeiro Pharoahe Monch, dúas pezas máis de Chick Corea e Herbie Hancock, e algúns diálogos do filme.
Pero a auténtica sopresa chegará en maio, xusto polo 90 aniversario de Miles Davis, cando se publicará un álbum no que Robert Glasper reinterpreta once temas de Miles Davis, leva por título "Everything's Beautiful" e recupera outtakes e masters orixinais de Davis, coa súa trompeta e incluso coa súa propia voz, ademáis de contar coa colaboración de Stevie Wonder, e vocalistas coma Laura Mvula ou Erykah Badu... pero para eso teremos que agardar aínda un mes máis.
No hay comentarios:
Publicar un comentario