Volvemos a vista sete anos atrás, ó que foi o último intento de facer un festival pop en Cambados dende unha proposta privada.
Foi o FLU POP, organizado por Nova Producións, o 10 de abril do 2009 en medio das vacacións de Semana Santa.
O cartel estaba encabezado por Lori Meyers, Holywater e Niño y Pistola, e a escena local, que é o que nos interesa estaba representada por Los Hijos Bastardos de Peter Lorre, Airas e The Henry Warnimont, e sempre quedamos con ganas de máis!
Nas últimas semanas xa o deixamos cair un par de veces, e insistimos: QUEREMOS UNHA SEGUNDA EDICIÓN DO FLU POP!!
Pero imos co repaso: dos Henry Warnimont só temos algúns videos soltos, pero aquí tedes os concertos completos de Airas e dos Peter Lorre, nas seguintes listas de reproducción:
No hay comentarios:
Publicar un comentario