martes, 19 de abril de 2016

The Rolling Stones "Aftermath"

O pasado venres cumpríanse 50 anos do lanzamento do "Aftermath" dos Rolling Stones, o cuarto de estudio da súa carreira, aínda que xa sabedes que ata o 67 se conta unha discografía paralela entre os lanzamentos para UK e os dos USA. 
"Aftermath" presentaba moitas novidades, é o primeiro grabado por enteiro nos USA, nos estudios RCA de Hollywood, e no que tódo-los temas están compostos por Jagger e Richards, sen que Brian Jones (en teoría) se metera nesas tarefas, aínda que Jones ten un protagonismo especial como multi-instrumentista no álbum, encargado de guitarras, harmónica, teclados, sitar, marimba e ata un dulcémele dos Apalaches.

Un álbum enorme cunha colección de temas para a historia: Mother's Little Helper, Stupid Girl, Lady Jane, Under My Thumb, Doncha Bother Me, Goin' Home, Flight 505, High and Dry, Out of Time, It's Not Easy, I Am Waiting, Take It or Leave It, Think e What to Do. 

"Aftermath" está considerado como o primeiro gran álbum da banda, ademáis de ser un super éxito comercial, desaparecían as versións dos seus heroes do blues, e presentaban por primeira vez un traballo 100% propio e no que se vai consolidando o seu son característico. Pouco máis adiante quedáronse só co són e desapareceron as cancións, pero eso xa é outra historia, aínda lles quedaban varios álbumes marabillosos por escribir... 50 anos de Aftermath , un dos meu favoritos!!

THE ROLLING STONES "Aftermath"
(Decca Records, 1966)



No hay comentarios: