Un pouco de Revival...
Aínda que xa publicamos algo sobre isto hai algún tempo polo retorno dos Even Flow, hoxe estabamos repasando concertos de abril de outros anos e volvimo atoparnos con esta gran noite que paga a pena recuperar de outro xeito...
Foi no 2009, o sábado 25 de abril, no que fora o último concerto dos Even Flow Experience, ata o seu retorno cinco anos despois (en novembro do 2014). Pero aquela noite non estiveron sós, senón que Victor e Manolo fixeron dobrete, teloneándose a sí mesmos. En primeiro lugar fixeron o seu repertorio acústico a dúo, que era o único que estaba anunciado no cartel, e logo un segundo turno coa presentación do que xa era a súa nova banda: Undertrown Project. Dous pequenos sets de 11 temas cada un para unha noite ben completa de música en directo. A continuación tedes os dous concertos completos en listas de reproducción por separado.
E sobre The Even Flow Experience teremos máis novas esta mesma semana, así que atentos...
No hay comentarios:
Publicar un comentario