martes, 19 de abril de 2016

PJ Harvey "The Hope Six Demolition Project"

O venres pasado publicouse o novo álbum de PJ Harvey, un dos que agardábamos con máis gañas nos últimos meses.
Leva por título "The Hope Six Demolition Project", e continúa directamente a estela do Let England Shake. Trátase novamente dun álbum moi comprometido socialmente, pero tamén continúa a súa estela no musical. 
No seu conxunto está inspirado en viaxes por Afganistán, Kosovo e tamén polos USA acompañando ó fotografo irlandés Seamus Murphy (habitual do Washington Post, e que xa se encargara da parte visual do "Let England Shake"), e as letras máis punzantes se adican a Washington DC, tras visitas nun dos seus distritos máis desfavorecidos.
Ademáis dos temas que xa se adiantaran, 'The Wheel' e recentemente 'The Community of Hope', o álbum continúa con ese pop intenso dos seus últimos traballos, moi folk, con toques de psychodelia e bases de jazz, no que os coros e as voces dobradas teñen un protagonismo especial.
Levo todo o fin de semana sen poder deixar de escoitar estes once temas dende a inicial 'The Community of Hope', 'The Ministry of Defence', 'Near the Memorials to Vietnam and Lincoln', e todo o set final da cara b con 'Medicinals', 'The Ministry of Social Affairs', 'The Wheel' e 'Dollar, Dollar'. Pero sobre todo é un álbum para escoitar de tirón unha e outra vez, e darlle voltas e máis voltas.
Recomendadísimo!!

PJ HARVEY "The Hope Six Demolition Project"
(Island Records, 2016)



No hay comentarios: