Hoxe imos cunhas cantas novidades, xa pensando na sesión Black Grooves do venres. Comezamos nos Paises Baixos, con The Funkstamatics, unha banda de acidjazz-rock-funk, que en vez de poñer a vista nos habituais do xénero, tentan facer unha relectura inspirados en The Meters, James Brown e o Herbie Hancock máis espacial. O resultado é puro ritmo, para dez temas case todos instrumentais, cheos de xiros e referencias ós clásicos, e que rompen en 'Real Love' e nas dúas entregas de 'Say It' acompañados pola vocalista Sanne Monster. Un disco imparable.
The Funkstamatics "Lift Off"
(Painted Dog Records, 2016)
No hay comentarios:
Publicar un comentario