Uns cantos álbumes antes da fin de semana.
Volven Wire, unha das miñas bandas favoritas, e cando están a punto de cumprir 40 anos retoman esa boa costume de publicar disco por ano.
En realidade os oito temas deste "Nocturnal Koreans" foron grabados ao tempo que o anterior "Wire" do 2015, e aquí están os temas que non foran incluído no anterior. E igual que aquel, é un álbum de pop, sen esa presión de décadas anteriores nas que tiñan que sorprender ó mundo enteiro con cada traballo. Ademáis mantén unha secuanciación similar, cos temas máis melódicos ó principio: 'Nocturnal Koreans', 'Internal Exile', 'Dead Weight' e o relax de 'Forward Position', e unha segunda máis intensa, rápida, e guitarreira con 'Numbered', 'Still', 'Pilgrim Trade' e 'Fishes Bones'.
Como único cambio, o álbum está publicado co selo propiedade de Colin Newman, swim~ records, en lugar do selo da banda Pink Flag.
O que agardo deles é que o próximo ano reediten en vinilo o seu mítico debut!
WIRE "Nocturnal Koreans"
(swim~, 2016)
No hay comentarios:
Publicar un comentario