A semana pasada nos fixemos coa última entrega da serie PUNK 45 de Soul Jazz Records, adicado á cidade de Los Angeles. Leva por título "PUNK 45 : Chaos In The City Of Angels and Devils (Hollywood From X To Zero & Hardcore On The Beaches : Punk In Los Angeles 1977-81)", e ahí aparecen os X, The Weirdos, The Zeros, The Randoms, The Bags, The Adolescents, Deadbeats... e así ata 22 temas de bandas seminais e underground que durante moitos anos permaneceron ó marxe da industria. Moitos deles xa rescatados con anterioridade gracias a compilacións de selos orixinais coma Dangerhouse ou Slash Records. E coma sempre unha xoia de edición a cargo de SJR.
De paso caímos na conta que aínda non vos recomendáramos ningunha das anteriores entregas, así que aproveitamos a entrada para recomendarvos a colección PUNK 45 completa, que orixinalmente comezou coma libro que repasaba tóda-las portadas, deseños e estética do xénero. Logo continuou cos recopilatorios dos temas, polo momento con seis entregas dende o 2013 ata o mes pasado, as primeiras de forma xenérica sobre punk made in USA, británico e protopunk, e logo recopilando as escenas máis significativas xeográficamente, ata agora sobre as cidades de Akron, Cleveland e Los Angeles.
Toda a info na web de SoulJazzRecords.
A colección polo momento conta con seis títulos:
· PUNK 45: Kill The Hippies! Kill Yourself! The American Nation Destroys Its Young: Underground Punk in the USA Vol.1.
· PUNK 45: There Is No Such Thing As Society - Get A Job, Get A Car, Get A Bed, Get Drunk! Underground Punk and Post-Punk in the UK 1977-81, Vol.2.
· PUNK 45: Sick On You! One Way Spit! After The Love And Before The Revolution Vol.3: Proto-Punk 1969-76.
· PUNK 45: Burn, Rubber City, Burn - Akron, Ohio: Punk And The Decline Of The Mid-West 1975-80.
· PUNK 45: Extermination Nights In The Sixth City - Cleveland, Ohio: Punk And The Decline Of The Mid-West 1975-80.
· PUNK 45: Chaos In The City Of Angels And Devils - Hollywood From X To Zero & Hardcore On The Beaches: Punk In Los Angeles 1977-81.
E ademáis o libro Punk 45: The Singles Cover Art of Punk 1976-80, un repaso en 400 páxinas polas portadas máis significativas do período, seleccionado por Jon Savage e Stuart Baker, un volume do 2013 que deu paso á colección de recopilatorios, e que xa está reeditado novamente.
No hay comentarios:
Publicar un comentario