Poucas veces vos recomendamos cine actual, pero esta é unha desas ocasións obrigadas. A próxima semana estréase de xeito comercial o filme Miles Ahead, un biopic sobre a figura de Miles Davis, posiblemente a figura máis importante da historia da música de todo o século XX.
O proxecto é un empeño persoal de Don Cheadle, que coincide co que sería o 90 cumpreanos do jazzman que ademáis de ser co-productor e co-guionista do filme, é o director e actor protagonista, como Miles Davis, xunto con Ewan McGregor que interpreta ó xornalista Dave Brill.
Ademáis das pezas de Miles Davis, a música está arranxada e dirixida por Robert Glasper. Foi estreada de xeito oficial no New York Film Festival no pasado outubro, e agora chega ás salas comerciais. O asunto agora é saber canto temos que agardar para vela por aquí, pero seguro que non aguantaremos tanto.
No hay comentarios:
Publicar un comentario